O Xiria debuta na casa con vitoria e dedicación a Manu Méndez

Os xogadores do Calvo Xiria, querían dedicarlle o triunfo ao seu excapitán, Manu Méndez e para iso tivéronse que empregar a fondo ante un conxunto visitante, o Culleredo que adestra o ex do Xiria Fernando Vázquez, e que lle puxo as cousas moi difíciles aos locais, que chegaron a verse cinco goles abaixo durante a primeira metade. Unha gran segunda metade, propiciou a remontada e o delirio dunha afección local, que puxo a festa nun pavillón cheo.

O eterno “21” tivo a homenaxe que se merecía.

E é que os primeiros minutos facían presaxiar un partido de moito ritmo e intensidade, cunha igualdade que ata o minuto 15 parecía manterse. A partir de aí; Culleredo estaba máis acertado, do 7 a 7 pasouse a 8 a 13. Foi o peor momento do Calvo Xiria; que non atopaba a dinámica positiva; sufrindo en defensa e excaso na efectividade dos seus lanzamentos.

Poñíase o mono traballo, e aos poucos; nos últimos 10 minutos da primeira metade, recortaba diferenzas (14 a 16).

Tras o paso por vestiarios, a defensa e abrigo Darío na portería poñían o fecho, á proposta do Culleredo. O Calvo Xiria dominou a segunda metade, para establecer o definitivo 31 a 26; que deixa a un dos seus rivais directos a 4 puntos. Unha liga que se prevee moi igualada e que non fixo máis que comezar; todos os puntos son importantes.

Calvo Xiria 31 – Balonmán Culleredo 26

Calvo Xiria (14+17): Darío Calviño (p), Alejandro Vázquez (p), Aarón Rodríguez (3), Gabriel Castiñeiras (2), Mario García, Julián García (4), Chimpo Rodríguez (8), Ángel Viña, Samuel Veiga, Diego Antelo (2), Jorge Bouzas (1), Rubén Anes, Mario Cancela (7), Edu Cousillas (4).

Balonmán Culleredo (10+16): Oscar Bello (p), Jorge López (p), Samuel Seijas (3), Martín Insúa, Carlos Costa (1), Miguel Casal (4), Caslos Martín Guisasola, Marcos Vázquez (4), Pedro Pereira (2), Daniel De Salvador (3), Iago Ferreiro (2), Marco García (3), Nuno Loxo, Darío Pérez (2), Adrián Díaz, Senen Garea.

Árbitros: Fernando Iñan e Jose Manuel García

Marcador cada 5 minutos: 3-3, 6-5, 7-8, 8-12, 11-14, 14-16, (descanso), 17-18, 19-19, 21-19, 26-21, 28-23. 31-26 (final).

Incidencias: Partido correspondente a 2ª xornada do Grupo A da Primeira Nacional, disputado no pavillón Vila de Noia (Carballo).