OAK ENGLISH CENTRE XIRIA 29 – BALONMAN OLEIROS 30

Oak English Xiria (14+15) 29: Naya, Barreiro (3), Iago (3), Zas (12), Brais (2), Martín, David (4), Bisbi, Miguel (3), Antón, Jorge (2), Alberto, Iván. Adestrador: Juan M. Rodríguez.

Balonmán Oleiros (14+16) 31: Jose (1), Hector (2), David (3), Marcos (5), Bruno, Guillermo, Baptiste, Sergio (1), Pedro (4), Miguel (5), Flavien (8), Daniel V., Daniel S. Adestrador: David Mariño.

Colexiados: Alberto Picallo. Moi discutido polo seu criterio de faltas en ataque e penaltis.

Faltoulle o físico ao Oak English Xiria. Duro encontro o que tivo que disputar o Oak English Xiria, na segunda xornada do Grupo 1 da copa, fronte ao Balonmán Oleiros.

O partido comezou mal para os pupilos de Juan M. Rodríguez que entraron durmidos ao partido e permitiron que o Balonmán Oleiros, campión da Liga e un dos favoritos para facerse coa copa, xunto co propio Xiria e OAR, se fosen no marcador de ata de cinco goles. Pouco a pouco, o Oak, foise asentando no partido, tanto en defensa como en ataque, e conseguiu rebaixar un pouco a diferenza ata os 3 goles. Pero foi nos últimos dez minutos, despois dun tempo morto pedido polo adestrador local, cando o Oak English despertou e, a través dunha correosa defensa e unha rapida transición ataque-defensa que continuaba cun xogo fluido ata atopar un oco na defensa 5:1 visitante, conseguía remontar o partido e incluso poñerse con un gol de vantaxe. Ao remate da primeira metade parte chegábese cunha igualada a 14.

Na segunda metade o equipo local entrou o partido con outra faciana, a faciana dos gañadores. E foise descaradamente a polo Balonmán Oleiros nuns primeiros 20 minutos case perfectos, cunha correosa defensa que non deixaba pensar o rival, cunhas transcicións veloces e cun ataque fluido e combinativo que destrozou a defensa 5:1 visitante. Froito disto os carballeses acadaban unha vantaxe de tres goles. Pero, por un lado o cambio de defensa do Oleiros a 6:0 e polo outro o gran esforzo físico que 7 homes fixeron ao longo de 50 minutos, debido ao curto banquillo e ás lesións, pasaron factura nos últimos 10 minutos de partido, onde pasou de todo, remontada do Oleiros ata 2 goles, lesión doutro xogador do Xiria, continuas exclusións do Oak que ata se quedou con catro homes. Pero este equipo que tiña casta, e estaba peleón, sacou as forzas de onde non as había para intentar facerse co partido. Nos últimos minutos foise a case unha defensa 3:3 e unha defensa individual en todo o campo e conseguiu roubar bolas. Pero ao final non puido ser e o Oak English Xiria caeu derrotado por un gol. Derrota que sabe a vitoria polo partido feito a pesar dese mal comezo. Este equipo hoxe merece un aplauso ensordecedor. Esperamos que non sexa un espellismo e poidamos voltar ver este balonmán máis a miudo. Será boa sinal para o club e será un pracer para os espectadores.

O proximo rival será nun derbi fronte ao Camariñas. Cancha que visitará o Oak en busca de seguir confirmando que día a día este equipo vai a máis.