OAK ENGLISH CENTRE XIRIA 29 – CAIXANOVA OAR 39

Oak English Centre Xiria (14+15) 29: Iago (4), Brais (1), Martín (2), Miguel (2), Bisbi, David (18), Antón, Jorge (2), Alberto, Ivan, Alberto, Iago P. Adestrador: Juan M. Rodríguez.
Caixanova Oar (18+21) 39: Ignacio, Ismael (6), Andres (6), Angel (3), Ruben (3), Marcos (13), Pablo, Angel Bugueiro, Gonzalo, Cesar (2), Juan (4), Arturo (4), Kevin, Saul (4). Adestrador: Abel Valcarcel.
Colexiados: José Pérez. Sen influencia.

O partido que enfrontaba o Oak English Xiria e o Caixanova Oar na última xornada do Campionato Territorial Cadete estivo marcado polas baixas nos dous equipos. Baixas que non se notaron nun bo partido que ofreceron ambos contendentes.

A pesar do resultado os pupilos de Juan M. Rodríguez, con tan só oito xogadores, catro deles infantís que viñan de xogar o partido da súa categoría un anaco antes, plantaron cara en todo momento ao Oar. Un Oar que se levou o partido baseándose nos contrataques en primeira oleada propiciados por erros de pase do conxunto carballés. Erros propiciados, en parte, pola fátiga física e mental de algúns xogadores.

A destacar o gran traballo feito polo un infantil de segundo ano, David, que, a pesar do cansanzo, se cargou o equipo ás costas na segunda metade.

Remata a liga para o Oak English Centre Xiria cun meritorio terceiro posto nun campionato no que foi de menos a mais.