OAK ENGLISH CENTRE XIRIA 45 – EM CAMARIÑAS 24

Oak English Centre Xiria (17+28) 45: Naya, Barreiro (4), Iago (5), Zas (7), Brais (8), Martín (1), Miguel (10), Bisbi, David (5), Antón (3), Jorge (2), Alberto, Iván. Adestrador: Juan M. Rodríguez.

Escola Municipal de Camariñas (14+10) 24: Bruno, Felix, Damián, Cristian B. (5), Cristian C. (10), Diego (4), Brais, Sergio, J. Manuel (3), Ismael, Manuel (2), Francisco P., Francisco L., Iago. Adestrador: Juan Ramón Canosa.

Colexiados: Enrique Taboada. Moi mal.

O Oak English Centre Xiria conseguiu a súa clasificación matemática para xogar a fase final de copa ao gañar contundentemente á EM Camariñas por 45-24. Aínda lles resta aos carballeses por xogar un encontro aparazado fronte ao OAR pera rematar a fase de grupos da copa. Este partido xa foi aprazado en dúas ocasións descoñecéndose cando se vai xogar.

A pesar do contundente resultado o partido foi un dos peores xogados polos pupilos de Juan M. Rodríguez. O equipo carballés saíu ao campo sen concentración, sen intensidade e sen actitude, como se o partido xa estivera gañado de antemán. Pero os partidos hai que xogalos con intensidade e eso foi o que puxo sobre a pista un batallador e aguerrido Camariñas que puxo entre as cordas ao Xiria durante a primeira metade.

Pero na segunda metade produciuse unha reacción do Xiria. Recuperouse algo dese xogo agresivo e correoso aos que nos ten acostumados en defensa, aínda que non nun ataque que foi bastante individualista e sen continuidades. Pero, como de todo se aprende, estes partidos tamén son bos para aprender que sexa cal sexa o rival un debe dedicarse a facer o seu balonmán e que sen traballo e sacrificio de todo o equipo non se vai a ningún lado.

Agora toca disfrutar a fase final da copa, na que estarán presentes catro equipos, os dous mellores de cada grupo.