OAR CORUÑA: 29 – E.BM.XIRIA: 28

XUVENIL DIVISIÓN DE HONRA

E.BM.Xiria 28 (12+16): Buño, Alberto (3), Lolo (4),Enrique (6), Iván(4),Diego (1), Julián(2) – Equipo inicial – Antonio, Calvo (2), Gabriel, Pereira(1), Borja, Dani (5), Jorge.

OAR 29 (16+13): Mario, Rosende (4), Ignacio (2), Raul (5), Diego (8), Puga (2), Casal (2) – Equipo inicial – Mario, Jairo (6), Manuel, Iago, Enrique.

O equipo xuvenil de E.BM.Xiria, afrontaba ó derbi contra ó OAR da Coruña co obxetivo de conseguir os dous puntos en xogo e deste xeito, afianzar a cuarta praza, xa que o seu inmediato perseguidor, o Teucro, tiña un difícil enfrontamento contra ó Academia Octavio de Vigo, lider da clasificación.

Pero, as sensación que tiveron os bergantiñáns no 40×20 do Vila de Noia ó pasado sábado, non foron as mellores e o conxunto coruñes conseguíu impoñer o seu ritmo pausado dende os inicios para comandar o partido dende principio a fin. O encontro comenzaba cun ritmo moi baixo, feito que favorecía os intereses dos visitantes, a defensa profunda do avanzado oarista, atragantabaselle a os verdibrancos e os erros non forzados comenzaban a aparecer para darlle alas aos pupilos de Jacobo. Na retagarda, as cousas non funcionaban moito mellor e os bergantiñáns, non eran capaces de frear o xogo de 1×1 cheo de forza e intención por parte dos xogadores coruñeses. Non podía facer moito o porteiro carballés, xa que os lanzamentos chegaban sempre en situacións francas dende os seis metros.

O parcial de 0-3 encaixado polos locais nos últimos cinco minutos do primeiro tempo, establecía a maior diferencia ata o momento para os da Coruña (12-16). Na reanudación, o Xiria non melloraba a súa faciana e mediada esta segunda parte, non daba sensación de poder alcanzar no marcador ó seu rival (19-24). Foi entón, cando o entrenador local, pedíu un tempo morto e intentou cambiar a dinámica do partido, dando entrada aos catro xogadores cadetes que estaban no banco e ordenando unha defensa adiantada moito máis agresiva, co obxetivo de recuperar balóns e provocar os erros do contrarios. De volta á cancha, bastaron cinco minutos para que os de Carballo establecesen un parcial de 3-1 ó seu favor, amosando un xogo con maior dinamismo e intencionalidade. O electrónico axustábase e os últimos cinco minutos foron de infarto. As bancadas vibraban, os siareiros de un e outro conxunto estalaban nunha tensión desmedida e a permisividade na pista, provocaba algunha que outra trifulca nos derradeiros instantes.

Un parcial de 5-2, deixaba ao Xiria as portas da remontada, de sacar algún beneficio cando o encontro xa chegaba o seu fin, pero os 45 minutos sen ritmo, as 14 perdas de balón e os erros en lanzamentos sinxelos, penalizaron a un conxunto que deixa escapar unha oportunidade de ouro para distanciarse ata os tres puntos de diferencia co seu inmediato perseguidor, ó Teucro de Pontevedra. A semana que ven, os carballeses, reciben precisamente aos pontevedreses, nun duelo que, despois de esta fin de semana, traducese nunha final. En caso de victoria, os de Carballo distanciaríanse dos pontevedreses 3 puntos, a falta de catro xornadas para ó remate da liga, pero, en caso de derrota, ó Teucro adiantaría a o conxunto verdibranco e faría, xa moi difícil, o obxetivo de recuperar a cuarta praza con tan poucas xornadas para ó remate da liga regular. O encontro disputarase no Carballo Calero o próximo Domingo 09/03/2014 as 12:45h.