Obradoiro 0 (6) – PROCASA XIRIA 8 (43)

16/02/2004 7ª XORNADA

PROCASA XIRIA: Miguel, Iván (2), Albero Pombo (2), Diego López (5), Néstor, Juan (9), Ícaro (1), Dani Barreiro (1), Álex Naya, Andrés (3), Óscar (1), Álex Zas (7), Diego Puente (10),Ramón (3), Rodrigo.

O pasado Sábado enfrontáronse o Procasa Xiria e o Obradoiro, partido disputado no pavillón coruñés de San Francisco Xabier e pertencente á derradeira xornada da primeira fase da Liga Infantil, a expensas de coñecer si se xoga ou non unha segunda volta e tamén do partido aprazado da primeira xornada entre o Procasa Xiria e o Esc. Mpal. de Camariñas.

O encontro foi sempre dunha esmagadora superioridade por parte dos rapaces de Fernando Vázquez. O pouco nivel exhibido polo Obradoiro e o hándicap de que só acudiran ó choque con seis xogadores propiciou que o Procasa Xiria gozara do partido mais fácil no que vai de competición.

A defensa individual dos de Carballo provocaba continuos erros non forzados por parte dos coruñeses, perdas de balón e interceptacións que o Xiria materializaba en rápidos contragolpes. Raras veces conseguían lanzar á porta os xogadores do Obradoiro e cando o conseguían era de maneira moi tímida e non supuñan ningún problema para que o gardameta carballés Miguel atallase os balóns sen problema. Destacar a labor de Diego López que mantivo unha intensidade moi alta todo o tempo que estivo na cancha a pesares da pouca entidade do rival. Na faceta anotadora destacar a Diego Puente, Juan e Zas con 10, 9 e 7 goles respectivamente.

Parciais: 1-13 / 1-7 / 2-9 / 2-14