O Nordata Xiria comeza a Liga Ouro con vitoria

O Nordata Xiria abriu a tempada na Liga Ouro cunha vitoria ante o actual campion galego, a Sar de Redondela. As locais mostráronse moi superiores desde os primeiros minutos. A defensa das carballesas volveu a ser un pilar importante onde se cimentou o triunfo, permitindo ás de Carballo correr e atopar goles en posicións cómodas (19-9, descanso).

Xa na segunda metade, o Nordata Xiria foi ampliando as diferenzas, e a defensa 5-1 das pontevedresas non foi quen de por en dificultades o ataque das de Zarra que atopaban os ocos unha e outra vez. Con esta vitoria, as carballesas sitúanse líderes por maior diferencia de goles (37-12).

Na próxima semana o Nordata Xiria visitará ao UB Lavadores.