O Punta del Este Xiria comeza a Liga Prata con Vitoria a domicilio

Desputábase este domingo o primeiro encontro da Liga Prata Infantil en Almeiras, Culleredo.  Foi un comezo con bastantes dúbidas por parte dos dous equipos, con moitas pérdidas que xurdían polos nervios do primeiro partido de liga.

A primeira parte rematou 9-12 a favor do Punta del Este Xiria que foi quen de atopar gol con moito xogo co pivote e calma nos ataques.

Na segunda parte, o partido decantouse polas rapazas do Punta Del Este Xiria grazas á confianza en ataque que gañaron pouco a pouco e ás boas accións defensivas con moitos roubos de balón, decisivos para acadar a victoria.