Os alevíns de Marmolería José Rey venceron ao Bm Culleredo, líderes da táboa, nun bo encontro

Marmorería José Rey Xiria – 24 (6+9+4+5)

Helena, Toni (3), Javi, Fernando (6), Andrés, Juanma (3), Jairo (1), Mario (4), Lara, Pedro, Lucía e Juan (7).

Bm. Culleredo – 18 (1+9+5+3)

Marco, Daniel, Jorge (4), Guillermo, Julián (3), Andrea (2), Óscar, Manuel, Pablo (4), Daniel (5) e Brais.

 

Os carballeses xogábanse un último cartucho para roubarlle o primeiro posto aos de Culleredo, que chegaban cun bagaxe demoledor de 31 vitorias e 1 derrota. Todas as opcións do Marmorería pasaban por gañar os catro tempos e os rapaces saíron ao campo dispostos a acadar a xesta.

O ímpeto inicial do Xiria colleu de sorpresa a un rival que se viu superado dende o comezo do tempo e rematou perdendo por 6 goles a 1. O Marmorería golpeaba coas súas mellores armas, a presión defensiva e o contragolpe, e as sensacións eran inmellorables para encarar o segundo tempo.

O Culleredo sacou toda a súa artillería neste segundo cuarto e, aínda que o Xiria dominou o marcador durante gran parte del, os visitantes conseguían un empate a 9, que lles daba, de xeito matemático, a primeira praza.

Co desánimo dunha oportunidade perdida o Xiria xogou moi tocado no terceiro asalto e rematou cedendo por un gol de diferenza, 4 – 5. No último tempo o equipo recuperou a intensidade e impúxose 5-3, para acadar así unha vitoria anímica importante de cara á Fase Final da Copa, na que se enfrontarán os catro primeiros clasificados, loitando por alzar a Copa Delegación.

Clasificación final (sen actualizar):Clasificación