Os alevíns do Marmolería Jose Rey Xiria gañan a Fase Provincial e clasifícanse para o Campionato Galego de Clubs

Os alevíns do Marmolería Jose Rey Xiria gañan a Fase Provincial e clasifícanse para o Campionato Galego de Clubs

Dous equipos do Xiria, o LK e o Marmolería Jose Rey, xogaron este Sábado a Fase Final Alevín da Copa Delegación de balonmán 7, nunha xornada onde a igualdade foi máxima en todos os encontros.

Semifinais:

Na primeira semifinal o Arteixo cedía ante o Bm. Culleredo, anfitrión e favorito tras rematar a liga na primeira posición. Os locais pasaban a eliminatoria e agardaban na final a un dos equipos do Xiria.

O LK e o Marmolería enfrontáronse na segunda semifinal, nun encontro intenso e moi igualado, que rematou en empate a puntos e onde o Marmolería Jose Rey Xiria se clasificaba para a final por diferenza de goles.

O 3º e 4º posto entre o Bm. Arteixo e o LK Xiria tamén remataba en empate pero a terceira praza sería para os carballeses por diferenza de goles.

Final:

A final entre o anfitrión, Bm Culleredo, e o Marmolería Jose Rey Xiria cumpriu todas as expectativas. Foi un partido intenso e vibrante, onde se viron accións de gran talento por parte dos xogadores e xogadoras dos dous equipos.

O Marmolería Jose Rey gañou o 1º e o 3º cuarto, pero cedeu no 2º por unha ampla diferenza, así que necesitaba puntuar no último cuarto para gañar. Nun último tempo de infarto conseguía amarrar un empate que lles outorgaba a 1ª praza e os clasificaba para o Campionato Galego de Clubs.

Neste campionato galego, que se disputará o vindeiro Sábado en Ourense, enfrontaranse os 4 campións provinciais nas categorías alevín e benxamín.

Clasificación Final:

1º- Marmolería Jose Rey Xiria

2º- Bm. Culleredo

3º- LK Xiria

4º- Bm. Arteixo