O Calvo viaxa a Gijón e os alevíns e benxamíns de novo en BM5

Este fin de semana, o Calvo Xiria estrea liderato lonxe da súa casa e viaxa a Gijón para enfontarse ante o Procoaf Gijón no Municipal as 17:00h da tarde do Sábado. Será un encontró complicado fronte a un rival descoñecido polos de Carballo, xa que ate o de agora, o grupo A só estaba composto por equipos galegos. Os carballeses terán que facer un partido completo si queren manter o liderato e traer os dous puntos para Galicia, xa que os locáis compiten de xeito sobresainte e mesmo foron capaces de ceder ante o Construcciones Castro en Vigo por tan só un gol. De novo, a faceta defensiva parece ser que vai ter especial incidencia no desenrolo do xogo e será clave para que os bergantiñáns saquen proveito deste enfrontamento.

As senior femininas do Goldie, que están nun excelente momento e suman vitoria tras vitoria nas derradeiras semanas,  reciben a visita do Saeplast Bm Cañiza, equipo que conta nas súas filas cunha das máximas goleadoras da categoría, Carla Abad. A afección carballesa que leva 3 semanas sen ver ás súas xogadoras no Vila de Noia, deberá ser un factor moi importante á hora de apoiar e animar para que as bergantiñás sigan pola boa senda.

Xa na División De Honra das categorías de base, os Infantís e Xuvenis viaxan a Tui para enfrontarse a os conxuntos do BM. Tui. Os xuvenís do Laber tentarán sumar a segunda vitoria seguida, logo do gran partido e a vitoria da semana pasada fronte ao Cisne de Pontevedra e os infantís do Garaysa queren voltar a sumar dous puntos e facer un bo partido que lles permita voltar a Carballo con boas sensacións. O Laber Xiria e o Garaysa xogarán o Sábado, os primeiros as 12:30h no Novo Pavillón de Tui e os segundos está a espera de que se lles poda asinar novo horario.

O Grupo Lemaco Xiria de categoría cadete, viaxa ata Ourense para enfrontarse ao Nova Xestión Pabellon, nun partido en que os de Carballo parten como favoritos para levar os dous puntos, xa que os locais parten penúltimos na táboa; aínda que deberán andarse con coidado xa que os ourensáns son un dos equipos que máis goles a favor leva. O encontró será o Sábado as 11:15h no pavillón O Pompeo.

Tamén o Sábado as 10:00h no Pavillón Municipal de Deportes de Pontevedra,  o Punta del Este Xiria enfrontaráse ao SD Teucro Interrias nun encontro que se presenta moi igualado, xa que estes conxuntos van empatados por puntos na táboa clasificatoria. As do Xiria teñen opcións de facerse coa vitoria, aínda así as do Teucro non llo porán doado, polo que terán que loitar e traballar o encontro como o estiveron facendo ata o momento se queren facerse ca vitoria.

Xa en 2ª División, as cadetes do Hierros Varela Urbieta, viaxan a Culleredo para enfrentarse ao Balonmán Culleredo Abogacía Canosa. O partido disputaráse o Sábado as 16:30h no pavillón de Almeirás. As de Carballo queren seguir no máis alto da táboa e non ceder máis puntos antes do parón do nadal.

O Domingo pola mañán, as 12:30h no pavillón de Tarrío de Culleredo, o Grupo Lemaco Xiria xogará un amigable fronte ao Bm. Culleredo Técnicos 115 nun encontró de alta esixencia para que os xogadores menos habituáis do Grupo Lemaco, teñan minutos para progresar.

Na categoría benxamín e Alevín, volta a xornada de BM5 e desta volta, organizarase en en Camariñas. Os horarios son os seguintes na mañán do Sábado:

Liga Alevín Bm 5, Grupo Costa, xornada 2:

Camariñas B – Lista Xiria. Sábado 24/11, 10:00, pavillón O Areal, Camariñas

Laber Xiria – Camariñas. Sábado 24/11, 10:45, pavillón O Areal, Camariñas

Telepizza Carballo Xiria – Xallas. Sábado 24/11, 12:15, pavillón O Areal, Camariñas

O encontro Garaysa Xiria – Grupo Lemaco Xiria, xogarase o Domingo 25/11 as 10:15 no pavillón Ceip Fogar, Carballo.

Liga Benxamín Bm 5, Grupo Costa, xornada 2:

Camariñas B – Aislamientos San Juan Xiria. Sábado 24/11, 10:00, pavillón O Areal, Camariñas

Xiria Mr. Nutrición Carballo – Camariñas A. Sábado 24/11, 10:45, pavillón O Areal, Camariñas

TLM Xiria – Xallas. Sábado 24/11, 11:30, pavillón O Areal, Camariñas