Os altibaixos do Tubasys cóstanlle unha derrota na casa

TUBASYS XIRIA 16 – 25 BM ABEGONDO-ATLÁNTICO NOROPLAZA

Comezaban o terceiro partido da Copa Federación as do Tubasys moi despistadas en ataque e con poucas axudas na defensa, polo que o Tubasys foise quedando atrás no marcado, indo ao descanso 10 abaixo.

Pero tras esa primeira parte nefasta, as do Tubasys Xiria souberon repoñerse e demostrar ese bo xogo que tiñan escondido. Déronse achegado no marcador, pero nunca foron quen de empatar o encontro a pesares de loitar e remediar moitos dos fallos antes cometidos.

Chegaban ao final do partido cun 16-25 no marcador a favor do Abegondo-Atlántico que non chegou a reflexar a moi boa segunda parte das do Tubasys Xiria, que seguen a mellorar unha semana máis.

Tubasys Xiria: Sara Trigo, Lara Pensado, Lara Sande (3), Alba Mourelle (4), Alba Lamas (2) , Sofía España (1), Noa Porteiro, Paula Andrade (3), Carmen Fuentes (3), Abigail González.