Os benxamíns, alevíns e xuvenís, nas súas fases finais

Esta fin de semana, o balonmán en Xiria promete emocións fortes, xa que benxamíns, alevíns e xuvenís disputarán as súas respectivas fases finais.Os máis pequenos (benxamíns e alevíns), disputarán a fase polo título provincial de BM5 en Camariñas (Pavillón O Areal) durante a tarde do Domingo os primeiros e na tarde do Sábado os segundos. Mentres que no caso dos benxamíns o representante de Xiria será o Mr. Nutrición, en alevíns, os tres conxuntos masculinos están clasificados para este evento, e así, tanto Laber, como Lista, como Telepizza Carballo, loitarán por acadar os primeiros postos.

En categoría alevín, a competición será o Sábado pola tarde e contará con doce equipos participantes que se distribuirán en catro grupos de tres, enfrontándose todos os equipos nunha segunda fase dependendo da súa clasificación dentro dos seus respectivos grupos. O Laber Xiria partirá desde o grupo A xunto a rivais como o OAR de Coruña e o BM. Muxía, o Lista Xiria farao desde o B e terase que medir ao Liceo Verde e ao BM. Culleredo O Burgo. Por último, o Telepizza Xiria parte desde o grupo C e terá como rivais a Cátering Imos Arteixo e ao BM. Xallas. Os encontros desta fase de grupos disputaranse nos seguintes horarios:

Fase Final Alevín Mixto, Fase Grupos
Sábado 25/05, pav. O Areal, Camariñas
* Bm Muxía – Xiria Laber, 15.45
Xiria Laber – Oar Coruña, 16.30
Xiria Lista – Culleredo O Burgo, 15.45
Xiria Lista – Colegio Liceo Verde, 16.30
Xiria Telepizza Carballo – Bm Xallas, 15.00
* Arteixo Catering Imos – Xiria Telepizza Carballo, 16.30

Segundo a clasificación desta primeira fase de grupos, os diferentes equipos disputarán as súas respectivos cruces a partir das 17:15 h, sendo as semifinais ás 18:45 h e a final e o terceiro e cuarto posto ás 19:30 h. A entrea de medallas está prevista para as 20:30 h.

No caso dos benxamíns, o formato de competición é o mesmo, pero levaráse a cabo o Domingo 26. O MR. Nutrición Xiria está encadrado na fase de grupos co Ribadosar Alca Omega de Santiago e os coruñeses de Culleredo O Burgo.

Os encontros serán nos seguintes horarios:

Fase Final Benxamín Mixto, Fase Grupos
Domingo 26/05, pav. O Areal, Camariñas
* Xiria Mr Nutrición Carballo – Ribadosar Alca Omega, 15.00
* Culleredo O Burgo – Xiria Mr Nutrición Carballo, 16.30

Fase Final Benxamín Mixto, Eliminatorias e Finais
Domingo 26/05, 17:15, pav. O Areal, Camariñas

Xa en categoría xuvenil, o Laber desprázase a Tui para xogar a fase final da Copa Federación. O sábado as 12:30 medirase en partido de semifinais ao equipo locatario Balonmán Tui, na outra semifinal enfrontaranse os actuais Campión e Subcampión de liga Balonmán Cisne e Seis do Nadal. A final terá lugar o domingo as 12:30 no Pavillón de Tui entre os gañadores.

O Laber Xiria chega como gañador do seu grupo desta Copa Federación e con gañas de facerse co título copeiro, pois amosouse nestas derradeiras semanas con bo nivel de xogo, moi contundente na defensa e con moitos recursos no ataque. Diante terá primeiramente o sábado ao equipo local que contará co factor cancha e co calor dos seus afeccionados.

A xornada completarase con outro encontro da Copa Federación, o que corresponde a  2ª División Cadete entre o Bm Lucus e o Xiria Hierros Varela Urbieta. Este partido será o Sábado as 10:30 no pav. mpal A Ferreira, Castroverde.

Por último, tres amigables para os dous conxuntos infantís de Xiria e para o cadete masculino:

División de Honra Infantil Feminina, amigable
Combinado Lucense – Xiria Punta del Este Xiria
Sábado 25/05, 12:00, pav. mpal A Ferreira, Castroverde

División de Honra Cadete Masculina, amigable
Grupo Lemaco Xiria – Bm Atlántico
Sábado 25/05, 10:30, pav. Ceip Fogar, Carballo

División de Honra Infantil Masculina, amigable
Garaysa Xiria – Bm Atlántico
Sábado 25/05, 12:00, pav. Ceip Fogar, Carballo