Os conxuntos de E.BM.Xiria actuan como locáis esta fin de semana.

O Calvo Xiria recibe esta fin de semana (Sábado 20:00 h) no Vila De Noia ao Seis Do Nadal de Vigo. Será o inicio de seis partidos consecutivos que definirán en gran medida o logro dos de Carballo ao final de tempada. Como nos anteriores, o Calvo Xiria non se pode permitir ceder ningún punto, xa que Lalinense, Unión Financera e Rodosa Chapela, permanecen á espreita xusto por detrás dos bergantiñáns.

Non se espera un partido plácido para os de Xiria, xa que o mozo conxunto olívico estivo apunto de arrebatarlle os dous puntos aos carballeses no partido de ida. Deberán por tanto os verdinegros traballar durante os sesenta minutos a unha alta intensidade e despregar un xogo cunha nota alta se queren impoñerse a este difícil rival. De novo será a retagarda en colaboración coa portería a que marque en boa medida o devir do envite e o xogo de ataque deberá de continuar apostando polo aspecto colectivo e a mobilidade de todos os xogadores.

Pola súa banda, o Goldie Xiria recibe ao Bm Porriño este venres ás 21:30 no Ceip Fogar. As do Goldie Xiria foron o último equipo que conseguíu derrotar ás de Porriño, que actualmente é líder da competición. Deberá facer un gran partido e cometer poucos erros se quere facerse cos dous puntos, xa que as visitantes viron reforzada o seu persoal desde nadal. O Goldie Xiria recupera a Támara Pombo para este partido, polo que verá reforzada a parcela defensiva e será una peza máis para o adestrador Adrián Dubra. Pola contra, Natalia Solis e Raquel Gómez seguirán causando baixa deportiva.

Xa na División De Honra de categorías base, o Laber Xiria recibirá ao Balonmán Lalín, un dos conxuntos máis fortes da categoría. A marcaxe sobre dos lanzadores do Lalín e a velocidade que se imprima ao xogo de ataque serán as claves para poder seguir encadeando a racha de triunfos. O encontro disputarase o Sábado as 11:15 no Vila De Noia.

O Grupo Lemaco Xiria tamén se enfronta ao Lalín Carpintería Jar na décimo oitava xornada da división de honra cadete masculina. Será tamén o Sábado no Vila de Noia, neste caso ás 10:00. Os do Xiria son os favoritos para facerse coa vitoria, dada a diferenza que existe na clasificación xeral entre os dous conxuntos. O obxectivo será manter un ritmo alto de partido, tratando de minimizar as perdas, aproveitando o traballo defensivo.

Boa oportunidade de voltar a sumar dous puntos é a que terá o Garaysa Xiria infantil que recibe o Domingo as 12:00h no CEIP Fogar ao BM. Chapela.

Xa en feminino, o Punta del Este Xiria recibe na casa o Balonmán Cangas. O encontro terá lugar o domingo 24/02 no pavillón Fogar, Carballo as 10:30 da mañá. O partido presentase difícil, pero as carballesas o asumirán con moita forza e concentración para mellorar o resultado da primeira volta que non fora nada malo. As do Punta del Este Xiria teñen que seguir loitando e demostrando a súa valía dentro da pista.

Por último, a liga de BM5 en categoría benxamín e alevín, volta a Carballo cos seguintes horarios:

Liga Alevín Bm 5, Grupo Costa, x.7 (Sábado 23/02, pav. Ceip Fogar, Carballo):
– Camariñas A – Xiria Lista, 10:00
Xiria Laber – Muxía, 10:45
Xiria Telepizza Carballo – Camariñas B, 11:30
– Muxía – Xiria Grupo Lemaco, 12:15
Xiria LaberXiria Garaysa, 13:00

Liga Benxamín Bm 5, Grupo Costa, x.7 (Sábado 23/02, pav. Ceip Fogar, Carballo):

– Camariñas A – Xiria Aislamientos San Juan, 10:00
– CP Lucense – Xiria Novo, 10:45
Xiria TLM – Camariñas B, 11:30
– CP Lucense – Xiria Mr. Nutrición, 12:15