O pasado domingo 11 de novembro o Punta del Este Xiria desprazábase a Cangas para enfrontarse ao Balonmán Cangas, no pavillón Municipal O Gatañal, o encontro xogouse ás 12:30.
O partido comezaba cun Punta del Este metido de cheo en defensa, pechando ben entre dous, e contactando ben, o que facía que as do Cangas lles custáse lanzar. Así mesmo, o Punta del Este seguiu coa súa filosofía en ataque, movendo ben o balón e xogando coa pivote e os desdobramentos, co que conseguían facer bastante dano na defensa das locais. A boa actuación da pivote en 6 metros, concedíanlle accións de 7 metros a favor das do Xiria, accións que sumaban no marcador e facían que se fose ao descanso cun resultado de 6-9, a favor das visitantes.
Tras o descanso, as carballesas parecían seguir o mesmo xogo que viñan realizando na primeira parte, aínda que o cansancio estaba a pasarlles factura, cousa que non dubidaron en aproveitar as locais para tentar achegarse no marcador. As do Xiria tentaron seguir co que ata o momento estaba a funcionarlles, aínda que se vía que as do Cangas comezaban a espabilar, así mesmo, ás carballesas custáballes máis arrincar en ataque e pechar en defensa. Desta maneira aproximábanse no marcador ata o punto de chegar ao empate.
As do Punta del Este seguían loitando o partido, as boas accións en portería xunto cun bo movemento de balón dábanlle opcións a penetrar polos extremos. Pola contra, a expulsión de Lara Souto con vermella directa tras unha acción de contraataque deixaba ás do Xiria bastante descolocadas, polo que Natalia pasou a dirixir o xogo tentando seguir loitando o partido.
Os descoidos defensivos, xunto coas perdidas de balón en ataque dábanlle o partido ao Cangas, finalizando o partido cun marcador de 21-16 para as locais.
As do Punta del Este Xiria realizaron un bo partido ante o 2º clasificado da liga DH, demostrando o bo traballo que están a realizar día a día.
O próximo encontro o Punta del Este Xiria recibirá ó A.D. Carballal «A», o sábado as 12:15. Presentaselles unha xornada complicada para as carballesas, recibirán o primeiro clasificado da liga, isto non lles vai influir xa que loitarán como viñeron facendo ata agora.
BALONMÁN CANGAS(6+15): C. Ríos, A. Acuña, N. Pergiro (1), S. Dominguez, R. Estevez, P. Gonzalez, C. Vidal (7), L. Martinez (2), J. Dacosta (1), N. Iglesias (7), J. Borreiro (1), Y. Gil (2), S. Nores.
PUNTA DEL ESTE XIRIA(9+7): Lucía [p], Stefania, Candela C., Catalina, Coral (4), Duna(3), Lara H.(2), Lara S.(1), Leticia(4), Natalia(2).