Os duelos entre os conxuntos de Xiria rematan cunha vitoria e un empate

Na mañá do pasado Sábado, xogábase no CEIP Fogar unha nova xornada de BM5. Neste caso, o calendario quixo que se enfrontasen os equipos de E. BM Xiria en dous duelos particuales, uns entre os equipos masculinos Laber e Lista e outro, entre as nenas do Grupo Lemaco e os nenos do Telepizza.

A confrontación entre o Laber Xiria e o Lista Xiria, resultou un duelo moi igualado e ao final, dous tempos para cada equipo deixou en táboas o partido e a repartición de puntos para cada un dos conxuntos. Se os que comezaban dominando o primeiro cuarto eran os nenos do Laber, que saían moito máis moviles e activos tanto en ataque como en defensa, no segundo, os seus compañeiros do Lista reaccionarían e poñerían a igualada cunha mellora notable no apartado de ataque. Pero a cousa non se terminaba aquí e de novo o Laber Xiria, máis necesitado de puntos na clasificación, mostraríase superior no terceiro cuarto e conseguiría dous novos puntos mostrandose moi superior á defensa do Lista, que non foi capaz de frealos en ningún momento. O Lista sacaría amor propio e coraxe no último cuarto para non deixarse vencer e que se lles escapase o partido e deste xeito, lograrían o empate cunha contundente vitoria no definitivo tempo por 2-15, sen dar opcións ao seu rival.

Laber Xiria vs Lista Xiria: 4-4 (7-4 / 5-8 / 10-6 / 2- 15)

Laber Xiria: Álvaro García, Brais Suárez, Xano Rama, Lucas Amado, Maxi, Jorge Rodríguez, Dani Periscal e Nicolás Cancela.

Lista Xiria: Aday Gómez, Andrés Pedreira, Henrique Traba, Daniel Marta, Marcos Varela, Nicolás Mejuto, Yago Sande.

No outro encontro, o Telepizza impúxose de forma cómoda nos catro tempos ás compañeiras do Grupo Lemaco, unha vitoria baseada sobre todo na superioridade física dos nenos, tanto no que respecta á antropometría como ao peso e a forza. No referente aos conceptos do xogo e a pesar da derrota, as nenas demostraron unha clara mellora que non as afasta tanto dos seus compañeiros como o factor físico do que hablabamos.

Telepizza Xiria vs Grupo Lemaco Xiria: 8-0 (16-6 / 14-3 / 16-5 / 11- 2).

Telepizza Xiria: Diego Mourelle, Marcos Suárez, Diego Barbeira, Xabi Fdez, Diego Pallas, Antón Pardiñas, Álvaro Gómez, Saúl Fuentefría.

Grupo Lemaco Xiria:Sara Méndez, Helena González, Carla Martínez, Nerea Figueiras, Xulia Suárez, Cecilia García, Andrea López.