Os equipos de E. BM. Xiria visitarán varias provincias galegas esta fin de semana

Logo da derrota da semana pasada na casa; o Calvo Xiria viaxa ata Pontevedra para enfrontarse ao filial de Teucro. A priori, espérase un partido igualado no que cada detalle poderá decidir o encontro a favor duns ou outros. O Calvo Xiria, necesita gañar en confianza e unha vitoria contra un complicado Teucro, que unicamente colleita dúas derrotas esta tempada; podería ser o impulso necesario que lle fai falta. O partido será o domingo ás 12:00 no municipal de Deportes de Pontevedra.

O conxunto máis madrugador será o Goldie Xiria Carballo Turismo, que recibe ao Asmubal Meaño Tecnelsa no pavillón do CEIP Fogar este Venres ás 21:15 h. As de Xiria desexan volver sumar de dous en dous despois da derrota da pasada semana en Ourense e para iso márcanse como obxectivo alcanzar unha maior regularidade no xogo durante os sesenta minutos. Tendo en conta que o conxunto de Meaño é un dos fanfurriñeiros da categoría, o Goldie deberá de ofrecer as prestacións defensivas das mellores ocasións e a paciencia necesaria no posicional para conseguir as situacións óptimas de lanzamento.

Tamén o domingo ás 12:00 no complexo deportivo Oira, Ourense; os xuvenís do Laber Xiria enfróntanse ao Club Balonman Pabellón Ourense. Dous equipos empatados a puntos; que pelexarán por un posto na fase final da división de honra. Hai que ver como o Laber sobreponse ás baixas do último partido. O fondo de persoal e o carácter gañador do equipo, é un baza a favor coa que xogan os de Carballo; que teñen que seguir na liña competitiva das últimas semanas.

O equipo cadete feminino Hierros Varela Urbieta visita a casa do Bueu ATL. BM, faroliño vermello da competición que aínda non foi capaz de estrear a súa marcadora de puntos. As carballesas desexan sumar dous novos puntos despois de estar sen facelo desde a segunda xornada de competición e sobre todo, deixar unha boa impresión no seu xogo, cun cambio de actitude e elevando o nivel competitivo do equipo. O partido disputarase o sábado ás 11:15 no pavillón Pablo Herbello.

O sábado temos derbi provincial contra o Oar Coruña; tanto para cadetes como para infantís. Os partidos serán no pavillón San Francisco Javier, en horario de mañá. Ás 10:30 para o Garaysa Xiria e ás 11:45 para o Grupo Lemaco Xiria. Os dous equipos de Xiria; que pelexan por obxectivos diferentes, queren seguir na progresión ascendente de xogo que veñen desenvolvendo ultimamente e poder así alcanzar os dous puntos en xogo. Na liga provincial, os infantís do Metalúrgica BB Xiria recibien ao Bm Culleredo ConstruPereiro, no Ceip Fogar o sábado á 13:00. Dous equipos novos que están a aprender a competir para futuros compromisos. Os de Xiria, queren dar un salto de calidade no aspecto defensivo e na selección de lanzamentos.

En Alevín e Benxamín, volve a competición de BM5 e os conxuntos de Xiria repartiránse nunha xornada que comenzará o venres e rematará o domingo. Os partidos que disputarán os nosos serán os seguintes:

Liga Alevín 5, x.2. Grupo Norte 1

Garaysa Xiria – Bm Ribadosar.es. Sábado 16/11, 10:00, pavillón Quiroga Palacios, Santiago

Balonman Camariñas A – Laber Xiria. Sábado 16/11, 11:30, pavillón Quiroga Palacios, Santiago

Lista Xiria – Balonman Camariñas RMO. Sábado 16/11, 12:15, pavillón Quiroga Palacios, Santiago

 

Liga Alevín 5, x.2. Grupo Norte 2

Investo Oar Coruña – Grupo Lemaco Xiria. Domingo 17/11, 11:30, pavillón San Francisco Javier, A Coruña

Telepizza Carballo Xiria – Catering Imos Arteixo. Domingo 17/11, 12:15, pavillón San Francisco Javier, A Coruña

 

Liga Benxamín 5, x.2. Grupo Norte 1

Óptica Auris Xiria – Mr Nutrición Xiria. Venres 15/11, 16:30, pavillón Ceip Fogar, Carballo

Bm Ribadosar Alca Épsilon – 7 metros Xiria. Sábado 16/11, 10:00, pavillón Quiroga Palacios, Santiago

Mr. Nutrición Xiria – Balonman Xallas FC (jornada 1). Sábado 16/11, 12:15, pavillón Quiroga Palacios, Santiago

 

Liga Benxamín 5, x.2. Grupo Norte 2

Aislamientos San Juan Xiria – Colegio Liceo La Paz. Domingo 17/11, 12:15, pavillón San Francisco Javier, A Coruña

Grabados Calvo Arteixo Bm – TLM Xiria. Domingo 17/11, 13:00, pavillón San Francisco Javier, A Coruña