Os equipos de E.BM.Xiria, xogan en Carballo

Volve o balonmán ao Vila de Noia no horario habitual do sábado ás 20:00 para un Calvo Xiria que se enfretará ao Automania Luceros, filial do Cangas de Asobal. Moitos dos xogadores do Luceros adestran ás ordes de Moyano co Cangas e dobran partidos durante a fin de semana, entre eles o ex-Xiria Carlos Vilanova. O Calvo Xiria quere dar unha alegría á súa afección, que de novo encherá a bancada carballesa e prepara o partido sen saber exactamente con que xogadores poderá contar o seu rival; pero coa mente posta en alcanzar os dous puntos. Seguen as baixas de Gabriel e Enrique que xa empezan a adestrar á marxe do grupo.

Aproveitando a ausencia de xornada esta fin de semana, o Goldie Xiria Carballo Turismo adianta o partido que lle enfrontaría ao Coretti Lalín a fin de semana do 22 de Decembro e recibirá ao conxunto dezano este Sábado ás 18:00h no pavillón do CEIP Fogar. As carballesas desexan resarcirse das dúas derrotas consecutivas nas últimas semanas e para iso deben de volver traballar de forma coordinada en tarefas defensivas, unha faceta moi importante para ter opcións de vitoria fronte a un gran rival. A selección e acerto nos lanzamentos no momento decisivo, é outra das cuestións a mellorar dentro dun pantel que non poderá contar con duas dos súas tres pivotes, Sheila por lesión e Natalia por motivos académicos.

Tamén en casa, xogan os equipos de división de honra:

Os xuvenís do Laber Xiria, fano ás 10:30 no Vila de Noia, ante o Atl. Novás. Aínda que a priori parten como favoritos, terán que repoñerse a un horario ao que están pouco afeitos e saír concentrados, sen buscar escusas para realizar cun bo encontro.

Os infantís do Garaysa Xiria, farano ás 12:00, co Bm Rodeiro Cogal, que está a sorprender na súa estrea na categoría, mostrándose competitivo diante de calquera rival. O Garaysa Xiria, conta coa baixa de Erik Vázquez, lesionado coa selección galega; aínda que conta con xogadores de garantías para seguir a serie positiva de resultados.

Os cadetes competirán o domingo no Ceip Fogar ás 11:15. Rival difícil o Bm Tui, un dos equipos máis goleadores da categoría, pero tamén dos máis goleados. A selección de lanzamento e axustar a defensa sobre a xogadores clave, antóllase fundamental na loita por facerse coa vitoria.

En categoría provincial, os infantís do Metalúrxica BB Xiria madrugarán na xornada do sábado para enfrontarse ao Reprint Arteixo Bm. Será ás 10:00 no pavillón de Galán, Oseiro. Os de Xiria, deben de continuar coa progresión desde a defensa e ir gañando en confianza e valentía nas accións de ataque.

En categoría feminina, Infantís e Cadetes reciben o vindeiro domingo aos equipos do BM. Porriño, club dabondo coñecido e referente no balonmán feminino da comunidade galega. Os dous conxuntos foraneos están situados na quinta posición da táboa clasificatoria, a dous puntos das infantís do Punta Del Este e a catro das cadetes do Hierros Varela Urbieta. Os dous equipos de Carballo tentarán facer un bo partido, minimizar erros e mostrar a evolución no xogo, que pasa polo aspecto colectivo, tanto a nivel defensivo coma en ataque. Os dous conxuntos disputarán os seus partidos no pavillón do CEIP Fogar, as infantis as 10:00h e as cadetes as 12:45.

Por último, as alevíns do Gestagua Xiria reciben ao BM. Culleredo Enerxía Solar. com na que é a terceira xornada da competición de BM7. O partido será o sábado no pavillón Vila De Noia ás 13:00h, un encontro onde as nenas de Juana Garrochena continuasen a súa progresión positiva en canto ao xogo no 40×20.