Os equipos do Montaxes Carballo Xiria, concederon demasiadas facilidades aos seus rivais

Os equipos do Montaxes Carballo Xiria, concederon demasiadas facilidades aos seus rivais

E é que as continuas perdas de balón, ante dous equipos como Culleredo e Tui, deixaron o balance defensivo dos de Xiria baixo mínimos; o que levou a encaixar moitos goles, facendo costa arriba, o poder competir ao longo dun partido.
O equipo debe de corrixir eses fallos de concentración que lles levan a ter parciais negativos; mentres que cando elevan o seu nivel de xogo, son capaces de organizarse mellor e ser máis efectivos na fase defensiva, podendo competir cada partido.
Os dous equipos do Montaxes Carballo Xiria, están a desexar poder redimirse esta fin de semana, mellorando o seu xogo.

Montaxes Carballo Xiria B 35 – Bm Culleredo Galaico Caravaning 42


Montaxes Carballo Xiria (19+16): Lucas Fajardo, Xabier Fernández (1), Nicolás Mejuto (4), Yago Sande (3), Andrés Pombo (14), Nicolás Cancela (9), Xano Rama (p), Izan Cabeza (p), Saúl Fuentefría (1), Álvaro Gómez (3), Saúl Fuentefría (1), Pablo Fraga, Maxi Díaz.

Bm Culleredo Galaico Caravaning (21+21): Teo López (1), Fabián Manzo (3), Marc Barbeiro, Adrián López, Roi Fernández (4), Iago Allegue (4), Jairo Miguez (5), Lucas López (3), Víctor Laya (2), Félix Noya (5), Pablo Ares (1), Mateo Negreira, Antón Pérez (9), Álvaro Siso (3), Anxo Negreira (2).


Árbitros: Nicolás Vázquez e Martina Regueiro.

Incidencias: Partido correspondente a 5ª xornada da liga Prata xuvenil masculina, disputado no pavillón Vila de Noia (Carballo).

Clínica Veterinaria Estación Balonman Tui 40 – Montaxes Carballo Xiria 27

Clínica Veterinaria Estación Balonman Tui (17+23): Izan Pérez (5), Marcos Franmiñan, Rubén Gómez (7), Roque Estevez (13), Cristian Framil, Saúl Rodríguez, Rodrigo Domingues, Aron Prada, Darío Vila (5), Sergio Rodríguez (9), Lucas Esteves, Fabio Mazzurco (1), Andrés Fernández.


Montaxes Carballo Xiria (13+14): Antón Pardiñas (p), Samuel Soneira (p), Diego Mourelle (5), Simón Viña, Andrés Pombo, Nicolás Cancela (3), Daniel Persical (9), Brais Suárez (2), Álvaro García (2), Marcos Varela (6), Maxi Díaz, Jorge Rodríguez.


Árbitros: Ainhoa Rodríguez e Luis Fernández.


Marcador cada 5 minutos: 4-2, 8-4, 10-8, 13-11, 15-12, 17-13, (descanso), 20-14, 23-15, 27-17, 29-20, 36-24, 40-27 (final).

Incidencias: Partido correspondente a 6ª xornada da liga Ouro xuvenil masculina, disputado no pavillón mpal Gustavo Rodríguez (Tui).