Os fallos de lanzamento lastran ao Grupo Lemaco Xiria en Vigo

 

Primeiro partido da segunda volta o disputado na mañá do sábado en Vigo. O Grupo Lemaco Xiria e o AD Carballal afrontaban un choque de altos voos.

Igualdade na primeira parte, onde os de Carballo, levaron o ritmo de xogo que máis lles interesaba; sufrindo ata 3 exclusións pero que a eficaz defensa 5:0 que propoñía non lastraría o resultado. En ataque Mario Cancela levaba a voz cantante para manter o 13 a 13 ao descanso.

Na continuación, non empezaba ben o Grupo Lemaco; fallón para portería grazas ao bo facer do porteiro local; estando acertado nos contraataques e na situacións de 6 metros do pivote. Abriríase unha pequena vantaxe no marcador de 3 goles.

Conseguiu de novo meterse no partido grazas ao xogo de desdobramentos e unha defensa máis aguerrida na zona centro; o Grupo Lemaco; que non chegaría a poñerse por diante. Foi no minutos 46 cando a defensa 5:1 de Xiria tentou cambiar o ritmo do partido; pero non tería a forza suficiente para facelo; e o cansazo non fixo outra cousa que poñerlle o encontro en bandexa a un Carballal que chegou mellor aos instantes finais.

Incidencias: Partido disputado no pavillón O Loureiro, en Vigo ante uns 100 seareiros de ambos conxuntos. Colexiado: Marcos Pérez e Cristina Olleros do colexio galego. Sen complicacións.

A.D. CARBALLAL 32 ( 13 + 19): Iago Suárez, David Álvarez (5), Yeray Eiro, Ignacio Costas (2), Iago Costas (3), Lois Martínez (1), Alejandro López (4), Anxo Fontán (6), Guillermo Álvarez, Brais Alonso (3), Roi Gallego (7), Manuel González (1).

GRUPO LEMACO XIRIA 27 ( 13 + 14 ): Pedro Pena [p], Darío Calviño [p], Martín Fuentes, Daniel Mallo (3), Álex Puñal (2), Áaron Rodríguez (2), Mario Cancela (10), Antonio Calvelo (4), Pablo Esmoris, Javier Rodríguez, Miguel Goimil, Juan Martín Fajardo, Carlos Varela (1), Fernando Mallo, Julián García, Diego Antelo (4).