Os infantís do Marmolería Jose Rey Xiria non deron opcións ao Culleredo.

Marmolería Jose Rey Xiria –  27 (14+13): Mario C. (6), Juan (4), Fernando (5), Toni (1), Dani M. (1), Diego, Miguel (4), Renzo (5), Paulo, Alex S. (1), e Diego Lema.

Bm. Culleredo – 15 (5+10): Óscar, Martín, Asier (1), René (2), Brais (6), Nahuel, Antonio, Pablo (1), Alejandro, Iván (5) e Javier.

Os infantís de Territorial impuxeron pronto a súa superioridade para levarse o partido ante un Bm. Culleredo que pouco puido facer fronte a defensa do Marmolería, apoiada por un enorme Diego na portería que detivo lanzamentos de todas as cores, encaixando so 5 goles na primeira metade (14-5).

Un gran parcial a prol do Xiria de 7-0 no inicio do segundo tempo deixaba aínda máis sentenciado o partido. Nestes minutos puidemos ver a mellor versión deste equipo con boas accións en ataque e moi intensos en defensa. Quizás esta avultada marxe de goles (21-5) provocou que nos minutos finais a defensa do Marmolería se relaxara e encaixara máis goles que no resto do partido, cousa que non empana o bo encontro que fixeron os nosos.

A vindeira semana o Xiria ten xornada de descanso e non volverá a xogar ata mediados de Decembro que recibirá, de novo coma local, ao Arteixo de Balonmán. 

Clasificación trala 6ª Xornada:

clasificación