O Laber Xiria, moi superior ao BM.Chapela

O Laber Xiria, moi superior ao BM.Chapela

Grazas ao empate do BM. Lalín contra a Academia Octavio de Vigo e a contundente vitoria dos xuvenís do Laber Xiria en Chapela, estes colócanse a un punto dos dezáns que agora mesmo ocupan a segunda praza da clasificación.

Non foi un bo encontro o disputado no municipal de Chapela e os carballeses tardaron quince minutos en quentar motores (4-4), mostrando pouca intensidade e falta de dinamismo en determinadas accións.  Demasiados lanzamentos fallados nos primeiros compases, non deixaban aos de Xiria despegarse no marcador e o porteiro local, mantiña curtas diferenzas que mantiñan aos seus na disputa (minuto 20, 6-9).  Un 2-7 de parcial nos últimos 10 minutos da primeira parte, onde os visitantes aproveitaron as perdas de balón do seu rival para pór de manifesto a velocidade como o seu mellor arma, deron unha importante vantaxe aos de Carballo ao filo do descanso (8-16).

Pouca historia na reanudación, onde os xogadores do Laber Xiria limitáronse a traballar defensivamente, conseguindo interceptacións de balón e provocando numerosas perdas ao seu rival para continuar ampliando a diferenza ata ese 19-35 final.

Dous puntos certamente importantes que posibilitan aos xuvenís colocarse a tan só un da segunda praza, que dá acceso ao campionato de España. As próximas dúas xornadas, poden ser importantes para os carballeses, xa que reciben a dous rivais moi complicados como son Seis Do Nadal e SAR de Redondela, pero coa teórica vantaxe de disputalos como locatarios.

BM.Chapela: 19 (8+11). Otero, Ramón (4), Pablo (4), Esteban (4), Ricardo (3), Raul (2), Xoel (1)-Equipo Inicial-Gabriel (1), Aaron, Alex, Rubén, David, Carlos, Angel.

Laber Xiria: 35 (16+19). Antonio Mato, Dani García (5), Enrique Pena (8), Gabriel Castiñeiras (3), José Pereira (6), Damián Rodríguez (3), Iván Calvo (1)-Equipo inicial-Diego Gago (3), Borja Rodríguez, Borja González (2), Diego Morandeira (2), Alex Figueroa, Lito (2).

Marcador cada 5´: 3/2, 4/4, 4/7, 6/9, 8/13, 8/16-Descanso-11/22, 12/23, 14/26, 14/29, 16/31, 19/35.

Árbitros: Andrés Hermida e Ándrés Tejo. Non influiron no resultado final. Excluiron con dous minutos a Aaron, Esteban, Raul polos locais e a Enrique Pena, Iván Calvo, José Pereira e Gabriel Castiñeiras polos visitantes.

Incidencias: Partido da oitava xornada da División de Honra xuvenil disputado no municipal de Chapela ante a presenza de coarenta espectadores.

Clasificación oitava xornada:

JUVENILES 8ª