O Tubasys Xiria finalizou a súa fase de clasificación para o Play off cadete femenino no segundo lugar, despois de empatar a domicilio (17-17), este pasado sábado ante o Bm. Lalin no Lalin Arena.
As carballesas non realizaron un mal encontro pero foron lastradas no marcador polos moito erros no lanzamento, que poderían ter decantado o encontro de forma máis clara para elas. Mostraron unha mellor versión na defensa encaixando poucos goles, o que lles permitiu disputar o partido ata o último momento e levantar unha diferenza en contra de ata seis goles que foron compensados con uns últimos quince minutos moi acertados.
Con esta segunda posición, toca esperar o sorteo de grupos para loitar por disputar unha plaza en Liga Ouro.