Outra xornada exitosa para os alevíns en BM5

Este pasado fin de semana os conxuntos alevíns Lista Xiria, Telepizza Xiria e Laber Xiria, disputaron unha xornada máis dentro da competición de BM5. Mentras Telepizza e Lista enfrentábanse entre eles no pavillón de CEIP Fogar, Laber Xiria tiña unha doble confrontación, por un lado ante o conxunto do Concello de Zas e despois, fronte a Muxía, partido que fora aprazado no seu día.

Os rapaces do Laber sairon moi ben parados en canto a resultados, xa que sumaron todos os puntos en ambos partidos. No que respecta ao xogo, os de Carballo non estiveron tan ben e non amosaron nin a actitude nin a intensidade necesaria para competir, feito que lles puxo en non poucos problemas, sobre todo no partido ante os rapaces e rapazas de Zas. Máis tarde, xa en Ponte Do Porto, estiveron algo mellor fronte a Muxía, especialmente no definitivo cuarto, onde a actitude e intensidade foi notable.

Laber Xiria – Concello de Zas. 8-0 (7-5/ 11-5/ 12-7/ 10-3)

Laber Xiria – Muxía. 8-0 (11-6/ 10-6/ 2-3/ 14-3)

Polo Laber Xiria xogaron: Álvaro García, Brais Suárez, Dani Periscal, Jore Rodríguez, Maxi Díaz, Nicolás Cancela e Xano Rama.

 

No partido entre os dous conxuntos de Xiria, o Telepizza Xiria fixo un dos mellores encontros da tempada e impuxose a o equipo do Lista Xiria dende o traballo defensivo por un 6-2 no total dos catro tempos.

Telepizza Xiria – Lista Xiria: 6-2 (12-9/ 9-4/ 7-12/ 11-8)

Polo Telepizza Xiria xogaron: Álvaro Gómez, Antón Pardiñas, Diego Barbeira, Diego Mourelle, Marcos Suárez, Xabi Fdez, Diego Pallas, Saúl Fuentefría.

Polo Lista Xiria Xiria xogaron: Aday Gómez, Andrés Pedreira, Dani Marta, David Nogareda, Henrique Traba, Marcos Varela, Nico Mejuto, Yago Sande.