Un desacertado Goldie cae derrotado diante do Teucro

S.D. Teucro – Goldie Xiria 20 – 15 (8-9)

S.D. Teucro: Tania (porteira) Senra 5, Paula, Angela 1, Daniela 7, Alejandra 2, Marta, Anais 4, Elena, Alba 1 e Patricia

Goldie Xiria: Brenda Noya e Aida Cangas (porteiras) Juana Garrochena 4 , Natalia Solís, Tamara Pombo , Jessica Posse 4, Sara Pombo 3, Cristina Gende, María Gómez 1, Raquel Gómez, Adriana Gómez 2, Zeltia Landeira 1, Marta Regueira, Patricia García

10421491_321319688052679_5642918592631513798_n

Marcador cada 5 min:   /2-2/   /3-4/   /3-5/ /6-6/   /8-8/   /8-9/ /11-10/   /14-11/   / 15-12/   /17-14/   /19-14/   /20-15/

Arbitraron: Inocencio Pérez e Andrés Tejo, moi caseiros prexudicaron claramente ao Xiria, excluíron a Senra, Angela, Daniela, Alejandra e Tania polo Teucro e a Marta (2), Sara, Raquel (2), Natalia, Tamara e Juana polo Goldie Xiria.… Seguir lendo >>

Dous puntos para o Calvo Xiria que o aupan ao cuarto posto

Logo de dous partidos de moitísima intensidade na súa defensa baixou as revolucións o Calvo Xiria esta fin de semana, encaixando 34 goles, mais quedaron os puntos en Carballo debido á maior calidade individual dos seus xogadores.
Unha mágoa que non seguise o conxunto carballés co estilo de xogo que viña desenvolvendo, baseado nas axudas defensivas e na anticipación, xa que desta volta veuse un equipo pasivo e con pouca chispa, agás nos primeiros cinco minutos nos que colleu unha renda favorable de tres goles ca que xogou todo o partido.… Seguir lendo >>

Os xuvenís de EBM.Xiria, caen ante un Teucro superior.

Ao igual que a semana pasada en Lalín, aos xuvenís de Xiria faltoulles a concentración e intensidade necesarias para facer fronte a un conxunto como o e Pontevedra.

O Teucro, amosouse moi superior dende o primeiro minuto e sacou os bergantiñáns do partido a base da súa mesma medicina: defensa anticipativa e saída ao contragolpe, sen esquecer a mobilidade de todos os seus homes e o bo facer no posicional.… Seguir lendo >>