Dous puntos para o Calvo Xiria que o aupan ao cuarto posto

Logo de dous partidos de moitísima intensidade na súa defensa baixou as revolucións o Calvo Xiria esta fin de semana, encaixando 34 goles, mais quedaron os puntos en Carballo debido á maior calidade individual dos seus xogadores.
Unha mágoa que non seguise o conxunto carballés co estilo de xogo que viña desenvolvendo, baseado nas axudas defensivas e na anticipación, xa que desta volta veuse un equipo pasivo e con pouca chispa, agás nos primeiros cinco minutos nos que colleu unha renda favorable de tres goles ca que xogou todo o partido.… Seguir lendo >>

Os xuvenís de EBM.Xiria, caen ante un Teucro superior.

Ao igual que a semana pasada en Lalín, aos xuvenís de Xiria faltoulles a concentración e intensidade necesarias para facer fronte a un conxunto como o e Pontevedra.

O Teucro, amosouse moi superior dende o primeiro minuto e sacou os bergantiñáns do partido a base da súa mesma medicina: defensa anticipativa e saída ao contragolpe, sen esquecer a mobilidade de todos os seus homes e o bo facer no posicional.… Seguir lendo >>

Os infantís de Marmolería Jose Rey Xiria deron un recital de goles no Carballo Calero.

Marmolería Jose Rey – 44 (21+23): Miguel (7), Alex Santos (1), Diego Lema (portero), Renzo (12), Diego Rodríguez (3), Mario (6), Fernando (7), Juan (5) e Dani Mallo (3).

Bm. Camariñas – 8 (3+5): Luaces A., Carril, Sar (1), Rojo, Qclasificación J2uiza (2), Canosa B., Martínez (1), Luaces M., Canosa A.… Seguir lendo >>

Creado con WordPress