SINATURA DO ACORDO DE COLABORACIÓN ENTRE A CRUZ VERMELLA E AS ESCOLAS DE BALONMÁN XIRIA

Hoxe luns, 6 de setembro, ás 17.30 h, nas instalacións do Pavillón da Zona Escolar, procederase á sinatura do acordo de colaboración entre a Asemblea da Cruz Vermella de Carballo e as Escolas de Balonmán Xiria. Mediante este acordo a recadación integra da venda de entradas dos encontros que dispute o Calvo Xiria na 1ª Estatal serán doadas á asociación benefica que pasará a xestionar a taquilla do pavillón nestes encontros.… Seguir lendo >>

Iván Amarelle non continuará no Calvo Xiria. O xogador carballés incorporarase á disciplina do Octavio da División de Honra Prata. Dende a familia de Xiria énchenos de satisfacción que clubs de categorías superiores poñan os seus ollos nos nosos rapaces e só nos queda desexarlle a Iván toda a sorte do mundo nesta nova andaina e que o seu crecemento deportivo poida chegar e aspirar ás cotas máis altas.… Seguir lendo >>

Escolas de Balonmán en Carballo, A Coruña