Outra vez por un gol. Outra vez no último suspiro. Outros dous puntos que voan. O partido foi malo pero emocionante, os dous contendentes estaban constrinxidos pola táboa e notouse demasiado porque cada balón desperdiciado semellaba unha traxedia grega. No que respecta ó xogo soamente dicir que polos asturianos o pivote Conejo foi o máis destacado e no Xiria Villa tivo unha actuación soberbia.… Seguir lendo >>
Derradeiro partido da primeira volta da competición infantil. Partido de trámite para os carballeses, que partían coma líderes invictos, fronte a un dos conxuntos mais febles da categoría.… Seguir lendo >>
Parece estar escrito que os de Carballo gañen ou perdan por un gol e desta vez tocou perder. Os 18 tantos encaixados na primeira metade lastraron notablemente ós de Juan Fernández que afortunadamente en ataque mantiñan o tipo baixo a batuta de Pablo.… Seguir lendo >>
O Calvo Xiria e o Bm. Portadeza-Lalín protagonizaron un encontro moi igualado no que foron unhas constantes as alternativas e as vantaxes mínimas no electrónico a prol de ambos conxuntos.
Os dous equipos amosaron unhas defensas moi fortes e duras, na liña que soe ser habitual nos enfrontamentos entre dezanos e carballeses.… Seguir lendo >>
Encontro moi sinxelo para o Procasa Xiria fronte a un feble rival. Os carballeses están a ser moi superiores a tódolos seus rivais gañando con contundencia e moita solvencia.… Seguir lendo >>