O Calvo Xiria empata 21-21 ante o Peguform S.A.R

Os locais queimaban o penúltimo cartucho para non verse definitivamente descendidos e saíron con moita forza pero aínda así os de Carballo mantiñan o tipo en defensa e dominaban no marcador na primeira metade sen xogar con brillantez en ataque. O segundo tempo mantivo a mesma tónica pero a nefasta actuación arbitral que sancionaba duramente ós visitantes ( 9 exclusións contra 4) fixo que os redondeláns desen empatado o encontro.… Seguir lendo >>

TIRSO DE MOLINA 15 – IFECGAS PEREIRA XIRIA 34

19/02/2005 15ª XORNADA

IFECGAS PEREIRA XIRIA: Guillín, Miguel, Iago, Díaz (1), Ramón (1), Joaquín (12), Manuel (5), Jesús (7), Norberto (3), Óscar (5).

O partido presentábase, a priori, sinxelo, tra-la contundente victoria do Xiria na primeira volta. A pesares da boa actitude e das gañas que puxo o equipo ferrolán, o Xiria impuxo, dende os primeiros intres, a súa maior calidade técnica individual e colectiva que o levou a marcar amplas e cómodas rendas durante todo o encontro.… Seguir lendo >>

Escolas de Balonmán en Carballo, A Coruña