PARAXE CONSTRUCCIONES 30 – CALVO XIRIA 26

1ª DIVISIÓN ESTATAL – XORNADA 20

25/02/2012 PARAXE CONSTRUCCIONES 30 – CALVO XIRIA 26
Paraxe Construcciones 30 (14+16): Lloria [p], Chema Cid (8, 5 de 7 metros), Iago (4), Rubén (2), Roberto (9), Vidal (5), Carlos -equipo inicial- Pablo D. [p], Francisco, Cristian, Ramón, Ángel (1), Adrián (1), André.

Calvo Xiria 25 (15+11): Iago [p], Dubra (1), Miguel (2), Manuel (5), Cuco (1), Alex García, Christophe (1) -equipo inicial- Naya [p], Ramón, Brais, Pablo (12) , Alex Zas (3), Sergio (1), Ángel.

Colexiados: Sras. Tatiana González Carvallo e Vanesa Pérez Domínguez, do colexio galego. Excluíron aos locais Vidal (20´ e 45´), Iago (37´) e Ángel (57´), tamén aos xogadores visitantes Cuco (16´, 32´, 41´ e 41´), Ramón (22´), Manuel (39´) e Sergio (48´). Tamén excluíron ao adestrador visitante Marcos Rodríguez (58´).

Marcador: 2-2, 6-2, 7-5, 10-8, 11-12, 14-15 (descanso); 16-15, 20-18, 23-18, 25-23, 27-24, 30-26 (final).

7 metros: Paraxe Construcciones: 5 / 5 ### Calvo Xiria: 0 / 3
Era moito o que se xogaban os dous equipos no partido que se disputou en Chapela. O Calvo necesitaba os puntos para non perder a estela do grupo de cabeza e os locais para manterse nos postos máis altos da táboa clasificatoria. Non defraudou ningún dos contendentes, que puxeron no Municipal de Chapela todo da súa parte para acadar o triunfo. Ao final os dous puntos quedaron en terras pontevedresas. O Calvo ve coma se afastan, aínda máis, os dous primeiros clasificados cando tan só quedan doce puntos en xogo.

Comezou o partido trabado e sen un dominador claro. A rixidez do xogo de ataque, froito dos nervios dun e outros, impedía que se visen ocasións claras de gol. Foi o Paraxe o que bateu primeiro apoiado na actuación de Lloria na portería. Marchouse no marcador grazas aos contragolpes e ao xogo co pivote. Pero o Calvo viaxara a Chapela para facer algo máis que de comparsa… Con Iago detendo un alto porcentaxe de balóns, cun xogo de ataque rápido e no que todos os xogadores anotaban gol, os carballeses non só recurtaron as diferenzas senón que se puxeron por diante no electrónico. O 14-15 ao descanso deixaba aberto o partido para os segundos trinta minutos.

O segundo tempo empezou coa mesma tónica do primeiro, Lloria detiña varios lanzamentos seguidos e o Paraxe retomaba o mando no marcador. Foron malos momentos para os de Carballo, que viron como a descualificación de Cuco (non é moi normal que un xogador sufra 4 exclusións, xa que o regulamento só permite 3) deixaba ao conxunto carballés cun home menos durante catro minutos (tiña que ter estado dous minutos con dous xogadores menos), circunstancia que aproveitaron perfectamente os locais para romper o encontro.

O Calvo tivo a cruz nos 7 metros, pois foi incapaz de converter en gol ningún dos tres dos que dispuxo. Tiveron aquí os de Chapela unhas aliadas inesperadas na parella arbitral, xa que non sinalaron ningún a favor dos carballeses por invasión da área de seis metros por parte dos xogadores do Paraxe, que no segundo tempo e sabedores da falta de lanzamento exterior neste partido por parte visitante, estiveron máis preto que nunca do seu porteiro, vivindo a cinco metros del e non aos seis habituais.

Nadou contra corrente o Calvo no que quedaba de partido pero foi incapaz de achegarse a menos de 2 goles. Nos derradeiros minutos tivo as súas opcións o Xiria pero os catro lanzamentos de seis metros detidos polo porteiro local de maneira consecutivo sentenciaron o encontro.