Partidazo entre o Grupo Lemaco B e o Arteixo

Grupo Lemaco Xiria B 31 – Telepizza Arteixo BM: 28 – (15-14)

Chegaba invicto o equipo do Balonmán Arteixo nesta tempada, pero parece que non hai rival que se lles resista aos xoves xogadores do Grupo Lemaco B.
Nos primeiros minutos o conxunto de Arteixo parecía que ía a impoñerse, souberon superar a defensa 3:3 do Xiria con continuos desdobramentos e eran capaces de parar, repregados en defensa e apoiados pola maior envergadura os ataques dos carballeses.
Mudou o Xiria a defensa para controlar eses desdobramentos a unha 4:2 apoiando a labor do central defensivo e foi cerrando ocos e sobre todo asfixiando a circulación do balón do Arteixo.
Partido emocionante e de bo xogo en ambas áreas, onde ambos equipos amosaron xogadas e lanzamentos de bo nivel de balonmán, o Grupo Lemaco máis acertado de cara a gol e con máis paciencia na circulación do balón, fíxose co partido, 31 a 28.

Grupo Lemaco Xiria B 49 (26): David Pensado, Chema Negreira 1, Manuel Rey 2, Manuel Pérez 2, Marcos Amarelle 2, Pablo Veiga 8, Hugo García 3, Pablo Suárez 4, Miguel Cambón 2, Angel Villar 2, Dani Bello 6, Marcos Suárez 1 e Dani Periscal.

Telepizza Arteixo BM: 28 (14): Alejandro López, Marcos Abeleira 5, Alejandro Aller 4, Ivan Sousa, Marcos Vázquez, Hugo Montero 8, Daniel González 3, Elmer Martínez 2, Víctor González 4 e Adrián Novio 2

Arbitrou: Pablo Torreiro