Partido de altibaixos para o Tubasys Xiria

HOTEL SPA BOSQUEMAR RASOEIRO BM 22 – 19 TUBASYS XIRIA 

Undécimo encontro de Liga Prata. Comezaban o partido no Grove con moitas perdas por parte de ambos equipos, pero con peor acerto de cara a portería por parte do Tubasys, o que provocou un 5-0 no marcador a favor das locais. Esta desvantaxe duraría pouco tempo xa que as do Tubasys comezaron a amosar a súa cara habitual e o seu bo xogo, remontando a un 5-4 en poucos minutos. Aínda así, non mantiveron o seu nivel durante o que restaba de partido, e acabou condenándoas no marcador de cara ao final do encontro. 

Na próxima xornada o Tubasys Xiria xogará de novo fóra da casa contra o Lapamán Área de Servicio Bueu Atl. Balonmán, o rival máis duro desta Liga Prata que se mantén invicto. 

Tubasys Xiria: Lara Pensado, Sara Trigo, Sofía España, Noa Porteiro, Alba Mourelle, Carmen Fuentes, Alba Lamas, Paula Andrade, Lara Sande.