ENOVIN ASMUBAL MEAÑO 19 – 12 MAQUISABA XIRIA
Partido correspondente á cuarta xornada do Grupo 3 da segunda fase da Liga Prata, desputado en Meaño. Partido condenado polos numerosos fallos de lanzamento dende 6 metros, as do Maquisaba chegaron a ser superiores en defensa durante varios momentos do partido, máis os erros de lanzamento non as deixaban mostrar esa superioridade no marcador.
Encontro moi interesante e igualado, comezaban perdendo 0-4 as do Maquisaba nos primeiros minutos do encontro, pero despois dun tempo morto para calmar as precipitacións foron quen de poñerse por diante no marcador. Despois de conseguir isto cunha forte defensa do Maquisaba Xiria que só permitía lanzamentos con oposición, comezaron as boas accións en ataque cunha movilidade de balón rápida que se vía recompensada con lanzamentos dende 6m.
Na segunda metade continuou a tónica coa que se rematou a primeira, pero os máis de 25 erros de lanzamento condenaban o partido, facendo desta unha xornada de aprendizaxe para o Maquisaba Xiria, que está a traballar moi ben e que demostra dar pasiños adiante en cada partido.
Na próxima xornada ao Maquisaba Xiria tocaralle descansar nesta última xornada da segunda fase da Liga Prata, para prepararse para a Copa Federación que comezarán despois de Semana Santa.



