Partido de aprendizaxe para o Maquisaba Xiria

Partido de aprendizaxe para o Maquisaba Xiria

A PÉ DE PISTA BM CAÑIZA     43 – 10     MAQUISABA XIRIA

Partido correspondente á segunda xornada da segunda fase da Liga Prata, desputado na Cañiza. Segunda derrota para o Maquisaba Xiria que lles permite aprender dos erros e a competir con equipos de maior nivel.

Comezaron o encontro con moitas dúbidas e nervios o Maquisaba Xiria, fronte a un Cañiza que se mostraba superior físicamente. As locais soberon aproveitar as dúbidas do Maquisaba, que non chegaba a ter lanzamentos claros en ataque por falta de movilidade sen balón.

Todo isto tornou na segunda metade, donde a actitude do Maquisaba Xiria cambiaba completamente á amosada na primeira metade. Unha defensa máis pechada facía ao Cañiza xogar cos extremos e obrigaba a unha movilidade de balón máis rápida e dinámica, que as locais demostraron ser capaces de dominar. Mentras en ataque, o Maquisaba conseguía chegar a lanzamentos claros fronte a porteira, pero os error (ou acertos da porteira rival) non deixaban aumentar o marcador para as visitantes.

Na próxima xornada o Maquisaba Xiria enfrontarase na casa ao Aluz Energía Galicia Social, na procura dos primeiros puntos desta segunda fase.