📺 Partido estrela para o Calvo Xiria nun novo fin de semana de balonmán

1ª Nacional masculina:

O sábado ás 20:00,o Vila de Noia ten unha das grandes citas deste ano; o Calvo Xiria enfrentaráse ao Rodosa Bm Chapela. Unha partido crave para as aspiracións dos dous equipos. O Calvo Xiria, busca a terceira praza da clasificación. A defensa e o contraataque craves para conseguir a vitoria, ademais do apoio incondicional da súa afección,que deberá encher o pavillón para este duelo esperado por todos. Antes do inicio do choque, Escolas Balonman Xiria renderalle unha homenaxe alos exxogadores, Iván Amarelle, Carlos García e Pablo Iglesias;outro aliciente máis para chegar a tempo ao partido da xornada.

 

 
 
 
 
 
View this post on Instagram
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 

 

A post shared by Escolas de Balonmán Xiria (@balonmanxiria) on


 

1ª Autonómica Feminina:

O Goldie Xiria, recibe este sábado a un dos mellores conxuntos da categoría, o Club Balonmán Pabellón De Ourense. As Ourensás son un equipo novo, con calidade e unhas capacidades físicas notables para este deporte. A todo iso terá que facer fronte o Goldie Xiria, que se verá na obriga de ainar un partido moi completo e regular en todas as fases do xogo para sacar algo positivo ante un rival tan complicado. O encontro dará comezo ás 18:00 h no pavillón do CEIP Fogar.

 

 
 
 
 
 
View this post on Instagram
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 

 

A post shared by Escolas de Balonmán Xiria (@balonmanxiria) on


División De Honra Feminina:

O Hierros Varela Urbieta Xiria, equipo cadete que milita na División De Honra da categoría e as infantís do Punta Del Este Xiria, viaxan este sábado a Vigo para afrontar senllos partidos co anfitrión, o BM. Lavadores. No caso das cadetes, a faena será das máis duras, xa que o conxunto olívico, Soapel Lavadores Vigo, satópase nos postos altos da táboa loitando por acceder á fase do campionato de España. De calquera forma, o obxectivo do Hierros Varela urbieta, que atravesa un bo momento de xogo e unha evolución evidente, pasa por continuar con esta mellora sen pensar demasiado no rival que teñen enfronte. Os retos seguirán baseándose na mellora competitiva do equipo e, por suposto, na individual e das diferentes fases do xogo como colectivo. Pola súa banda, as infantís do Xiria, enfrontaranse a un conxunto que se sitúa no antepenúltimo posto da táboa con tan só un punto, o Cafetería Tato Lavadores Vigo. A pesar diso, non é un rival para a confianza, xa que as baixas do cadro de persoal das bergantiñás, que acudirán a este partido tan só cun recambio, pode ser un hándicap importante. Os partidos disputaranse no Pavillón De Lavadores, ás 11:00 h as cadetes e as 12:30 as infantís.

División De Honra masculina:

O pavillón do Loureiro en Vigo, acolle esta fin de semana a visita do Xiria para enfrentarse ao Carballal. Os xuvenís do Laber Xiria, terán o seu enfrontamento o luns ás 12:00. Partido que seguro tendrá momentos emocionantes, como afán os dous conxuntos. O Grupo Lemaco Xiria tendrá su partido o sábado ás 12:30, con ganas de sumar os dous puntos, conta con todos os seus efectivos para este desprazamento. O Garaysa Xiria, comezará, ás 11:15, nunha semana crave para as súas aspiracións xa que o mércores ás 16:00 tamén se enfrontará ao Bm Rodeiro. De conseguir a vitoria, seguiría como líder a falta de 3 xornadas para o final. Aínda que a loita na parte alta está moi igualada e non se decidirá o campión seguramente ata a última xornada.

2ª División infantil masculina:

O domingo pola mañá ás 11:30, no pavillón de Almeiras, veremos como o Metalúrgica BB Xiria, enfróntase ao Bm Culleredo Construpereiro. Dous puntos importantes na pelexa por alcanzar o segundo posto.

Liga Alevín BM7:

Apasionante dobre xornada para o Gallega De Mallas Xiria. O sábadoa as 11:00 no Ceip Fogar enfróntase ao Bm Línea 21, e o mércores pola mañá viaxa a Lugo para enfrontarse ao CPLucense. Estos enfrontamentos son a chave para a clasificación final onde agora mesmo hai moita igualdade.

Pola súa banda, as nenas do Gestagua Xiria viaxan a Abegondo para enfrontarse a un rival que sempre mostra un bo nivel. O obxectivo das nenas do Gestagua é ir crecendo partido a partido na competición de BM7 e está será unha proba máis para, aos poucos, ir achegándose ao nivel do resto de equipos. O partido disputarase o sábado ás 10:00 h no pavillón San Marcos de Abegondo.