Na mañá de onte as nenas do Gestagua Xiria Femenino viaxaron ó pabillón de San Marcos para disputar o encontro contra o equipo local; o Gas Abegondo.
Ambos equipos chegaban sin coñecer aínda a victoria nesta competición.
Sairon as nosas nenas un pouco despistadas ante un rival que como local sempre é complicado.
O noso comezo dubitativo fixo que os de Abegondo tomasen as rendas no electrónico. Aínda así fomos quen de entrar e pelexar o partido; as carballesas pareceron espertar e no segundo e terceiro cuarto demostraron a melloría que viñan amosando nos últimos encontros nesta competición.
Foi un partido igualado en moitos intres, pero no que as do Gestagua non estiveron finas no ataque; precipitándose moito nos pases, con pases bombeados que eran interceptados con facilidade polos nenos de Abegondo.
Unha vez máis a defensa funcionaba con axudas e interceptacións pero tanto os pases como a mala localización nos lanzamentos conderon as de Carballo a perder un partido que ben pudo caer do lado das nosas.
Deben intentar non preciptarse tanto e ser máis constantes no xogo durante todo o encontro pois as boas accións que se viron en moitos momentos quedan empañadas polos erros nos que regalaron unha e outra vez balóns fáciles para os contrarios.
Gas Abegondo – Gestagua Xiria : 10-06
1er cuarto: 07-04
2o cuarto: 05-04
3er cuarto: 02-04
4o cuarto: 07-03
Sam (3), Julia (1), Andrea, Xulia(2), Elena (2), Carla(1), Clara, Mencía (5), Sofía, Noa Quintela (1), Lucía e Lorena.


