O Calvo Xiria iniciaba a competición despois do parón do Nadal e afrontaba o encontro ante o Unión Financiera sin marxen de error, un rival directo que acudía a Carballo para non perder comba cas primeiras prazas.
Os de Carballo firmaron un partido serio e sen fisuras dende o inicio fronte un gran conxunto. Os Asturianos conforman un plantel fantástico con grandes xogadores, pero os bergantiñáns dominaron o xogo dende a súa parcela defensiva e foron capaces de superalos en todas as facetas. Si a defensa traballaba a un gran nivel, con un bloque compacto e intenso, recuperando balóns e provocando os erros dos rivais, no ataque, os de Xiria daban unha alta velocidade ao balón e desarbolaban a os carbayóns a través dun excelente xogo colectivo. Os cruces, as permutas, e a movilidade con e sin balón, deixaba mostras dun balonmán vistoso e efectivo que abría unha importante brecha no marcador cando se cumplían os primeiros trinta minutos do envite (15-11).
A diferencia de catro goles non supuxo relaxación alguna para os locais, que sairon no segundo acto ca mesma concentración e seriedade. A distancia no electrónico iba en aumento a medida que pasaban os minutos. Os de Ovetenses mantiñán a intensidade e o tentaban por todos os medios, pero os xogadores do Calvo Xiria estaban de dulce e cheos de confianza para frear calquer tentativa do rival por achegarse no marcador. En definitiva, unha vitoria importante polo rival, polos dous puntos e polas boas sensacións que deixa antes dunha nova final o próximo Sábado as 20:00 no Vila de Noia fronte ao Lalinense.
Calvo Xiria: 30 (15+15). Iago Gómez (p), Antonio Mato (p), Carlos Vilanova (1), Gabriel Castiñeiras, Cuco (1), Brais Puñal, Fran Rey, Pablo Iglesias (5), Juanka (6), Manuel Méndez (4), Jorge Bouzas (1), Alejando Calvete, Enrique Pena Pensado (1), Iván Amarelle (1), Chimpo (4), Carlos García (6).
Unión Financiera Oviedo: 21 (11+10). Pablo Díaz (2), Juan Echevarría, Carlos Alonso (1), Diego Blanco (2), Nacho Huerta (8), Carlos Alberto Sánchez (3), Ignacio Fernández, Cesar Germán Sánchez (2), Rubén Menéndez (1), Juan Suárez, Ignacio Álvarez, Ramón De Villegas, Víctor Mon, Juan Casares (2), Ricardo Díez, Ignacio Fdez.
Parciais cada 5´:2-0 / 5-3/ 7-6/ 8-8/ 11-10/ 15-11/Descanso/17-12/ 20-14/ 21-15/ 23-17/ 26-17/ 30-21. Final
Colexiados: Fernando Iñán e José Manuel García. Sen complicacións.
Incidencias: Encontro que cerraba a primeira volta da 1ª nacional. Partido celebrado nun pavillón Vila De Noia con boa afluencia de público. Catrocentos siareiros que se deron cita para disfrutar dun gran encontro..