Partidos para os equipos sénior de Xiria

Nesta xornada de ponte festivo os equipos sénior de Escolas Balonmán Xiria non descansan e terán xornada competitiva, xogando os dous o sábado, o Goldie Xiria farano no carballés Vila de Noia, mentres o Calvo Xiria desprazarase ate a Cañiza para disputar o seu partido.

O Goldie Xiria e o Balonmán Porriño, aproveitarán o parón desta semana para disputar o seu enfrontamento correspondente a 8ª xornada, que fora aprazado no seu día.
Chega a carballo un dos máximos favoritos para facerse cos primeiros postos, equipo filial do de División de Honra Feminina.
Terá que fiar moi fino o Goldie para intentar acadar algo positivo este sábado a partir das 6 da tarde, a velocidade das rivais e a calidade de lanzamento dos seus extremos serán tidos en conta para afrontar o partido. Espérase que o Goldie continúe a amosar a melloría en defensa e que non perda excesivos balóns na continuidade do seu ataque para non verse superado a contra.
Marta e María presentan algunha doenzas que as podería facer dúbida de cara ao encontro do sábado, polo demais a convocatoria será: Brenda Noya e Aida Cangas (porteiras) Juana Garrochena, Natalia Solís, María Gómez, Zeltia Landeira,Tamara Pombo, Adriana Gómez, Jéssica Posse, Marta Regueira, Sara Pombo, Cristina Gende, Patricia García, Raquel Gómez, Ángela Pena e Sheila Ferreiro.

Namentres o Calvo Xiria xogará ás 18:30 no municipal da Cañiza, ante un dos equipos ascendidos estas tempada, pero que se está a mostrar moi forte, sobre todo na súa pista. Un equipo conxuntado e forte en defensa, con xogadores moi insistentes no un contra un. Manter o nivel defensivo dos últimos partidos para poder imprimir un ritmo alto de xogo semellan as claves para que os carballeses poidan tirar algo positivo dun dos desprazamentos máis longos da presente tempada. A convocatoria pecharase logo do adestramento deste venres pois varios xogadores arrastran molestias que os fan ser dúbida para este encontro.