Pase directo á Final 4 para o Nordata Xiria

Pase directo á Final 4 para o Nordata Xiria

SANXENXO BM-DISLAUSA 18 – 25 NORDATA XIRIA 

Penúltimo encontro de liga disputado en Sanxenxo, o último viaxe de Liga Ouro para as do Nordata. Comezaban o partido ambos equipos con moitas ganas e concentración na pista, pero a intensidade defensiva e os ataques con bo ritmo das verdinegras facían o seu efecto e lograban ir ao descanso cun 6-11 no marcador. 

Na segunda metade continuaron con esta tónica ascendente, logrando atopar espazos para lanzamentos fáciles en todos os ataques. Grazas ao aporte de todas as xogadoras de campo e outro bo partido das porteiras, o Nordata Xiria logrou impoñerse en Sanxenxo nun partido no que desfrutaron do balonmán. 

Con esta vitoria as do Nordata mantéñense quintas, empatadas a puntos coas sextas e a 3 puntos das sétimas. Conseguen a falta dunha xornada para o remate da liga, o pase directo á Final4 infantil feminina, onde loitarán por un pase ao sector nacional. 

Na próxima xornada reciben na casa ao Pinturas Proa Bm. Chapela para o derradeiro encontro da Liga Ouro. 

Nordata Xiria: Ana Velo, Sara Trigo, Lucía Castiñeiras (6), Natalia Varela (9), África Gómez (4), Mara Vidal (1), Inés Cabeza, Zaira Longueira (3), Aroa Lista (2), Eva Vidal, Sara Pallas, Alba Mourelle.