Paso adiante para o Grupo Lemaco Xiria

O Grupo Lemaco volveu á senda da vitoria; pero o máis importante é que pouco a poco vese a evolución do xogo, e que todos os xogadores van gañando confianza nos minutos que están na pista; tamén axuda a melloría física froito do traballo e do esforzo dos xogadores.

Os primeiros minutos do partido foron do teu ao teu; medíndose e axustando o xogo os dous equipos. O Grupo Lemaco tardou demasiado en axustar a defensa, e foron os cambios os que propiciaron as primeiras vantaxes. O bloque central do 6:0, e a intervención de Darío en portería, lograron que ao descanso fósese cun 16 a 9 favorable ao Xiria.

Na continuación, o Grupo Lemaco moi concentrado en tarefas defensivas, levaba a vantaxe ata os 9 goles. Vantaxe que foron administrando ata o final do partido.
A semana que vén teremos un novo derbi provincial na visita ao Oar Coruña.

Grupo Lemaco Xiria 35 – Footplus A.D. Carballal 26

Grupo Lemaco Xiria: Darío Calviño [p], Mateo Pallas [p], Alejandro Vázquez [p], Juan Martín Fajardo (7), Martín Fuentes (2), Nicolás García (1), Andrés García (2), Miguel Goimil (2), Pedro Porteiro (2), Bruno Facal, Esteban Puñal (10), Ángel Viña (1), Samuel Regueira (2), Alberto Rodríguez (2), Samuel Veiga, Julián García (4).

Footplus A.D. Carballal: Guillermo Álvarez [p], Daniel Losada [p], Pablo Vilaboa (1), Raúl Garrido, Pedro Pérez (4), Eduardo Alonso (7), Xosé Henrique Costas (3), Alexandre Gallego (3), Alberto Terleiro (1), Iago Rivas (2), Andrés Gonzáldez (3), Marcos López, Carlos Cubas (2), Hugo Alonso

Árbitros: Ángel Marteos e Rubén Iglesias do colexio galego.

Incidencias: Partido correspondente á sétima xornada da división de honra cadete masculina disputado no pavillón Vila De Noia (Carballo)