Porriño devolve o golpe ó Montaxes Carballo B na segunda volta

Porriño devolve o golpe ó Montaxes Carballo B na segunda volta

Tras o encontro no Fogar que otorgaba o +4 a Xiria, os xuveniles viaxaban ata o Municipal de Porriño para enfrontarse de novo ó segundo clasificado, que soamente deixou puntos en Carballo.

Esta vez os rapaces non estiveron acertados en facetas ofensivas, lastrando a boa labor na liña de seis metros con numerosas perdas de balón e erros de lanzamento. Pouco a pouco os locais subían no marcador pola sequía goleadora que asolaba ó Xiria. Co (11-7) en contra no minuto 25, o Xiria lograba explotar unha superioridade numérica para rematar o primeiro tempo en táboas (11-11).

Na segunda metade a defensa 6:0 moi pouco profunda do Porriño obrigaba ó desacertado lanzamento exterior de un Montaxes Carballo que se negaba a sumar tantos a pesar dos reiterados esforzos dos seus compoñentes. O partido rompeuse nos derradeiros cinco minutos de xogo, onde o +3 a prol dos locais obrigaba a un tempo morto nas filas verdes para probar unha defensa máis profunda e un 7×6 en ataque, pero non foi suficiente para devolver o equilibrio a unha balanza que se decantaba por un acertadísimo Porriño (25-22).

Malia que ambos equipos están empatados a puntos na primeira posición, o golaverás particular favorece ó Montaxes Carballo. Aínda dependen de eles mesmos con tres xornadas por diante para facerse coa primeira praza do grupo no remate da tempada.

BALONMANO PORRIÑO 25 – 22 MONTAXES CARBALLO XIRIA B