Preinscrición Escolas de Verán Balonmán Xiria 2020

Nas Escolas Balonmán Xiria somos conscientes da necesidade de organizar as  XXVII Escolas de Verán Xiria, pola importancia que estas teñen  para a conciliación familiar e para a propia entidade, así como na de aportar aos nenos e nenas unha opción de ocio activo e lúdico. Como é habitual, desenvolveranse nos meses de xullo e agosto de 2020. Dadas as especiais circunstancias que rodean a edición de este ano a súa celebración está condicionada á obtención dos correspondentes permisos das administracións competentes

Haberá límite de prazas, e estas serán asignadas por orde de chegada.

Na Preinscrición Escolas de Verán 2020 non se esixirá abono algún, unha vez rematado este período, abrirase un novo prazo para confirmar as inscricións e realizar os ingresos, xa   xestionadas as autorizacións correspondentes.

Será un reto difícil pero coa colaboración das familias debemos ir recuperando a normalidade.

Agardamos estar moi pronto de volta! ???