PRESENTACIÓN DO XII XIRIAPOP

Esta mañá, na Casa do Concello de Carballo, tivo lugar a presentación da 12ª edición do festival XiriaPop que reunirá na sala Dublín da vila carballesa, os día 18 e 19 de setembro, a bandas do panorama nacional e internacional.
No acto participaron Xabier Graña, por parte da organización (O Molete Psicopop e AD Xiria), Evencio Ferrero, alcalde de Carballo e Marcos Trigo, concelleiro de Mocidade.