Previa do 11-12 de marzo

1ª Estatal

Viaxa o Calvo Xiria ata Cangas para un novo duelo en primeira nacional. Segundo partido dun mes que ten que ser clave nas aspiracións á permanencia do conxunto de Carballo. Enfrontarase o domingo á 13:00, ao Automania Luceros. Mateo Pallas, ex-Xiria forma parte do persoal do Luceros. Un partido que promete ser de moito ritmo, xa que o rival aproveita para correr nas transicións defensa-ataque, polo que de novo, o balance defensivo será fundamental para ter en conta; así como o ataque posicional ten que buscar a maneira de evitar as disuasións do 6:0 local.

1ª Autonómica Feminina

A falta de 5 xornadas para o final do liga, o Calvo Xiria traballou para estar nunha situación de privilexio a estas alturas; pero non queren tirar as campás ao voo. As xogadoras mentalizadas en ir semana a semana, tratando de cultivar resultados positivos, do mesmo xeito que o veñen facendo ata o de agora. Esta semana teremos un novo derbi provincial, o domingo ás 12:30 no Vila de Noia; enfretarase ao Bm Brigantium Nunegal, equipo en clara progresión deportiva, que foi de menos a máis durante a tempada; que esixirá ao Calvo Xiria unha das súas mellores versións defensivas para facerse cos dous puntos.

Categorías Base: Liga Ouro

Todos os equipos de liga Ouro xogarán o durante a mañá do sábado. ALS Xiria xogará no municipal do Rosal, ás 11:00 contra o Atlético Novás. As baixas non poden embazar un partido que de conseguir os dous puntos podería certificar o pase á final4. Hierros Varela Urbieta Xiria tamén xoga a domicilio no mpal de Porriño ás 12:45 contra Balonmán Porriño. Difícil papeleta a desta semana; ante un dos mellores equipos da categoría pero viaxan con máxima ilusión; de realizar un gran partido. No Vila de Noia, empezará a quenda ás 10:00 o Garaysa Xiria contra Ferlovi Carballal. Ás 11:15 Nordata Xiria contra AD Carballal e ás 12:45 o Grupo Lemaco Xiria contra Footplus AD Carballal. 3 encontros emocionantes e que chegados a estas alturas de tempada será determinantes nas aspiracións para a final4 dos 3 equipos.

Categorías Base: Liga Prata

O sábado, en Carballo ás 10:00 xogará o Punta de Este Xiria contra Balonmán Xallas FC, no Ceip Fogar e ás 18:00, no Vila de Noia, farao Tubasys Xiria e Sar Rodavigo. Mentres a domicilio; farano, o Grupo Lemaco Xiria B, que xogará contra Bm Ribadosar, no Quiroga Palacios, de Santiago, ás 10:00 e o Garaysa Xiria B, viaxa ata Pontevedra, para xogar no multiusos A Xunqueira, ás 12:30 contra o SD Teucro Bonpollo. Xa, o domingo no Vila de Noia o ALS Xiria B, xogará contra Bm Ribadosar, ás 10:30.

Categorías Base: Escolas Balonman Xiria

Maratoniana xornada na competición de Bm5 en benjamín mixto, para Maquisaba Xiria A, Maquisaba Xiria B, Telepizza Xiria e Ópticas Auris Xiria, con partidos o sábado en Arteixo, no pavillón Galán e o domingo en Culleredo, en Tarrío. En alevín, Insplabler Xiria xogará o sábado ás 10:45 no pavillón San Franscisco Javier contra Liceo La Paz Verde. E o sábado no Ceip Fogar a partir das 11:30 os prebenxamíns de Escolas Balonmán Xiria xogarán un torneo amigable contra Bm Culleredo.