Previa do 14-15 xaneiro

1ª Estatal

Emocionante retorno o que nos espera na primeira nacional. Faino coa última xornada da primeira volta; onde o Calvo Xiria xogará a domicilio no pavillón Pablo Hervello o sábado ás 19:00. O Calvo Xiria buscará a maneira de romper o xogo combinativo do Bueu; que lle gusta xogar desde o centro con Roque e Brais principalmente; cara as zonas exteriores onde os seus extremos collen protagonismo. O ritmo do partido tamén será importante, xa que os equipos levan un mes sen competición oficial e o factor físico pode decantar a balanza en favor dun ou outro equipo.

1ª Autonómica Feminina

Empeza a segunda volta para o Calvo Xiria, que xogará o domingo ás 17:00 no Vila de Noia; ante o único equipo que conseguiu vencerlle esta tempada; o U.b. Lavadores Vigo. A concentración e manterse firme nos momentos difíciles é parte da experiencia adquirida do Calvo Xiria; que sabe que ten un choque difícil, onde o xogo defensivo ten que ser clave para volver coller confianza no xogo de ataque; xa que o equipo leva moitos días sen competir.

Categorías Base: Liga Ouro

Unha vez finalizado o CESA; regresan as competicións autonómicas de categorías base. Na xornada do sábado, o Grupo Lemaco Xiria A, ten un partido difícil, ante o Cisne Colegio Los Sauces, ás 12:15 no Vila de Noia. Os dous equipos marchan empatados a puntos na segunda praza. O Garaysa Xiria xoga en Redondela ás 16:00, no pavillón González Soto ante o Balonman Chapela. Partido de interese por achegarse á zona media da táboa. Na xornada do domingo; o Nordata Xiria xoga na Sangriña, ás 11:15 contra o Mecalia Atlético Guárdes; o Hierros Varela Urbieta Xiria xoga ás 11:30 en Vigo; contra Calfrima Carballal e ás 11:45 o ALS Xiria xoga en Oleiros contra o Bm Abegondo-Atlántico.

Categorías Base: Liga Prata

O sábado empezará a quenda o Tubasys Xiria contra o S.D. Teucro ás 12:45 no Ceip Fogar, en Carballo. O ALS Xiria B, farao ás 16:30 no pavillón A Casqueira contra Galitrans Bm Pontedeume. O domingo será a quenda para o Garaysa Xiria B, que xoga ás 12:45 en Almeiras, contra Bm Culleredo Climanosa.

Categorías Base: Escolas Balonman Xiria

Na categoría de alevín 7, o sábado no Ceip Fogar o Reneymar Xiria A, inicia a xornada ás 10:30 contra Cp Lucense. Ás 11:30 será a quenda para ALS Xiria, que xoga contra Bm Abegondo F40. O domingo, Garaysa Xiria xoga ás 10:15 contra Club Balonmano Atlántico en Oleiros e ás 11:15 en Almeiras, xogará o Reneymar Xiria B contra Bm Culleredo Cristalería Gestal. No balonmán 5, a xornada xogarase o sábado en Oleiros, no pavillón Valle Inclán. Insplaber Xiria, Óptica Auris Xiria, Maquisaba Xiria A, Maquisaba Xiria B e Telepizza Xiria. Xogarán nos turnos das 10:00, 10:45, 11:30 e 12:15.