Previa 17-18 decembro

1ª Estatal

Última xornada antes do parón de Nadal e o Calvo Xiria xogará o sábado no Vila de Noia ás 20:00 contra Reconquista de Vigo. Ambos os equipos xa se viron as caras este ano, nos partidos amigables da pretempada. Coñécense e cada un espera explotar as súas armas e levar o partido onde máis lle interese. O Calvo Xiria espera contar coa mellor versión da súa afección, á que lle quere brindar un bó partido ante o reto que ten por diante; onde o equipo ten que realizar as tarefas que se requiren para frear ao seu rival.

1ª Autonómica Feminina

O Calvo Xiria, despide o ano a domicilio diante do Balonmán Narón. O domingo ás 18:30 no pavillón Campo da Serra. A priori é un partido desigual; onde ambos os equipos marchan en polos opostos na clasificación. Mentres o Calvo Xiria marcha primeiro, o Balonmán Narón vai de último. As baixas condicionan a convocatoria do Calvo Xiria fiel á súa filosofía de club, contará con varias xogadoras xuvenís para este encontro.

Categorías Base: Liga Ouro

O Nordata Xiria é o único equipo de liga Ouro que xogará como local. Farao, o sábado ás 16:00 no Ceip Fogar contra o Bm Caselas. Buscarán os dous puntos para seguir no grupo de cabeza. Hierros Varela Urbieta xogará no Grove ás 12:00 ante Dispesfra Rasoeiro Bm. Será unha nova oportunidade para meterse no grupo de arriba. Garaysa Xiria e Grupo Lemaco Xiria A, xogarán en Vigo ás 10:00 contra Lavadores e ás 15:00 contra Iberconsa Bm Reconquista; respectivamente. Bós partidos para medir a progresión que encadean nas últimas semanas.

Categorías Base: Liga Prata

O sábado, Tubasys Xiria xogará no pavillón Fontenla, en Santa Comba contra Bm Xallas ás 12:00. Pola súa banda, no Ceip Fogar, Punta del Este Xiria enfróntase ás 11:15 ao Colegio Liceo La Paz e, seguidamente, ás 12:30 o Garaysa Xiria B ao Cp Lucense. O domingo xogarán o ALS Xiria B contra o Bm Ribadosar no Carballo Calero, ás 12:30, nun partido que se prevé emocionante e , o Grupo Lemaco Xiria B viaxará a Lugo para xogar ás 12:00 contra o Cp Lucense.

Categorías Base: Escolas Balonman Xiria

Na categoría de alevín 7, o sábado no Ceip Fogar o Reneymar Xiria B, inicia a xornada ás 10:00 contra Bm Abegondo Súmate, ás 17:15 será a quenda para Garaysa Xiria e ALS Xiria, que xogan no derbi local. Reneymar Xiria A, xogará ás 9:30 en Novo Mesoiro contra Bm Línea 21. No balonmán 5, a xornada xogarase o sábado. Insplaber Xiria desprazarase a Abegondo, mentres, Óptica Auris Xiria, Maquisaba Xiria A, Maquisaba Xiria B e Telepizza Xiria xogarán en Culleredo.