CALVO XIRIA 1ª DIVISIÓN MASCULINA
Primeira fin de semana do ano 2025 co partido da xornada 15 que pecha a primeira volta. Mediada a competición xa hai varias cousas certas, co OAR como líder sólido, con 26 puntos, e un grupo de perseguidores formado por 5 equipos, separados por só 2 puntos, que son Bueu con 21 puntos, Carballal, Teucro, Galdar e Reconquista con 19 puntos. A parte alta da táboa está moi igualada.
Con este panorama o Calvo Xiria recibe ao 3º clasificado, o Granitos Ibéricos Carballal. Os carballeses partimos décimos con 14 puntos, 6 vitorias 6 derrotas e 2 empates, marcando e recibindo 28 goles por partido, 10 equipos marcan mais e so 5 reciben menos goles. Os vigueses con 20 puntos, levan 10 vitorias e 4 derrotas, marcando 30 goles por partido (7 equipos marcan mais) pero reciben so 25 goles por encontro (o segundo equipo menos goleado despois do OAR).
Os visitantes presentan un equipo con 12 xogadores sénior e 7 invitados do B e do seu equipo xuvenil, cunha media de idade de mais de 25 anos, no que 7 teñen 25 anos ou mais. Teñen 7 baixas con respecto á pasada campaña e incorporan 6 novas caras á súa primeira plantilla, entre as que se encontra o central Angel Rodríguez Rúa, ex de Cangas e de Handbol Eivissa; Edu Alonso, extremo procedente tamén proicedente do Eivissa; Gabriel Mesa procedente do Gijón Jovellanos; o porteiro madrileño Gonzalo Arenas, procedente do Bm Tejina, e con experiencia en prata despois do ascenso na fase xogada en Carballo co Bm Carabanchel no ano 2016; e os pivotes Rodrigo Mouco, do Rasoeiro e Samuel Barciela, do Bm Cañiza.
Presentado o partido compre lembrar que se poderá seguir exclusivamente a través da canle de Youtube de Escolas de Balonmán Xiria, pois disputarase sen público, medida adoptada polo club no marco da campaña Asi Non
CALVO XIRIA 1ª AUTONÓMICA FEMININA
O Calvo Xiria retoma a competición co duelo de rivalidade contra o Seguros M Vieito Bm Xallas.
As carballesas chegan na 5ª posición con 5 puntos, 2 vitorias, 3 derrotas e 1 empate, marcando e recibindo unha media de 25 goles por partido, so 3 equipos marcan máis e so 4 reciben menos.
As xalleiras saen cun equipo moi similar ao do ano pasado con 10 xogadoras sénior e 5 invitadas de idade xuvenil. A media de idade do equipo sénior é de 21 anos, equipo moi xoven, cunha soa xogadora de 25 ou mais anos, e con moita marxe de mellora. As rapazas de Santa Comba van na 7ª posición con 4 puntos, 2 vitorias e 4 derrotas, marcando 22 goles de media e recibindo 25 por partido, o 3º equipo que menos marca. Os datos amosan unha vantaxe ofensiva para as de Carballo, pero non debe minusvalorarse ao equipo xalleiro, pois xa nos derrotaron na Copa Federación, na que están clasificadas para a final.
Presentado o partido compre lembrar que se poderá seguir exclusivamente a través da canle de Youtube de Escolas de Balonmán Xiria, pois disputarase sen público, medida adoptada polo club no marco da campaña Asi Non
CALVO XIRIA B 2ª AUTONÓMICA MASCULINA
O Calvo Xiria B viaxa este sábado a Casa do Deporte de Lugo, onde se enfrontará ao Millaven CP Lucense, na 10ª xornada da competición.
O Xiria B marcha líder da competición con 9 vitorias, marcando unha media de 34 goles por partido e recibindo so 24, lanzado cara a segunda fase para loitar polo ascenso. Os lucenses van na 4ª posición con 10 puntos, 5 vitorias e 4 derrotas, marcando 28 goles por partido e recibindo 27, sendo o 3º equipo que menos goles marca pero tamén o 3ª que menos goles recibe.
O partido xogaráse a mesma hora que o sénior de nacional, polo que o equipo que se presente en Lugo dependerá moito das necesidades do equipo de Adrián Dubra. De todos os xeitos os carballeses parten como favoritos nun partido que se prevé duro, na primeira volta foi o equipo que mellor competiu con nos, caendo por unha diferencia de so 6 goles. Ademais os puntos en xogo son moi importantes, xa que o equipo ten prácticamente asegurada a clasificación para a seguinte fase na que se loitará polo título e polo ascenso, arranstrándose os resultados dos equipos do mesmo grupo, entre os que pode estar o Lucense.
CATEGORÍAS BASE
MONTAXES CARBALLO XIRIA LIGA OURO XUVENIL MASCULINA
O noso primeiro equipo xuvenil retoma a competición este sábado pola mañá no Vila de Noia, contra o Reconquista de Vigo.
Ambos equipos están moi igualados na clasificación, sendo os vigueses terceiros con 12 puntos, 6 vitorias e 3 derrotas, e os de Carballo cuartos con 11 puntos, 5 vitorias, 1 empate de 3 derrotas. O saldo de goles é moi parello, o Reconquista é o 2ª que máis goles marca, 35 por encontro, e é o 3º que máis goles recibe, 33. O Xiria ten menos contundencia no marcador, pola ausencia nas últimas xornadas de Diego Mourelle e Marcos Suárez, pero encaixa menos goles.
No partido de ida a vitoria foi para os carballeses pola mínima, 34-35, polo que o partido será moi igualado e se decantará para os nosos se son quen de superar á defensa visitante e manter un nivel defensivo alto.
MONTAXES CARBALLO XIRIA LIGA PRATA XUVENIL MASCULINA GRUPO A
O sábado pola mañá o noso segundo equipo xuvenil se enfrontará ao BM Culleredo Galaico Caravaning, na última xornada de esta fase da competición.
Os nosos rapaces teñen un encontro contra un equipo que non coñece a derrota e que desprega un gran xogo de ataque. No partido de ida os carballeses perderon 35-42. Os nosos rapaces teñen perdido cos rivais directos polo que nin ca vitoria poderá acadar a 4ª posición, polo que independentemente dos resultados deberá disputar a segunda fase pelexando polos postos 13º ao 18ª.
SUEVIA XIRIA LIGA PRATA XUVENIL FEMININA GRUPO A
O Suevia Xiria viaxa na tarde do sábado á Cañiza, para disputar a 12ª xornada da competición.
As nosas rapazas chegan na 4ª posición con 8 puntos, e as rapazas da Paradanta na 6 con 5 puntos. No partido de ida as nosas rapazas competiron ata o final e gañaron 21-20, polo que se prevé un partido moi igualado, valoración que confirman os datos estatísticos dos dous equipos, cun fifas moi similares de media de goles marcados e recibidos.
Na recta final da primeira fase da comeptición, Xiria, Cañiza e Seis do Nadal compiten pola 4ª praza que da aceso disputar a segunda fase pelexando polos postos 5º ao 8ª. A vitoria podería darlle ao Xiria a 4ª praza, incluso o empate, pois o calendario final dos equipos é moi difícil, enfrontándose aos equipos da cabeza da clasificación.
GRUPO LEMACO XIRIA LIGA OURO CADETE FEMININA
O domingo pola mañá as rapazas do Grupo Lemaco reciben no pabillón do CEIP Fogar ao Padthaiwok Bueu Atl Bm, nun dos duelos da mañá do domingo entre ambos clubes.
Os dous equipos chegan na parte alta da clasificación, Bueu 4ª con 11 puntos (5 vitorias, 1 empate e 3 derrotas) e Xiria 2ª con 15 (7 vitorias, 1 empate e 1 derrota). As nosas continúan como o equipo que máis goles marca con 33 de media e o segundo que menos goles recibe. As de Bueu teñén tamén uns bos números en canto a realización, con 31 de media, pero é o 4º equipo que mais goles recibe.
No partido de ida a vitoria foi para as nosas rapazas, 33-38, a traxectoria na competición e os datos dan as carballesas como favoritas, pero deberán saír concentradas dende o principio do partido para impoñer a súa velocidade no xogo.
GRUPO LEMACO XIRIA LIGA PRATA CADETE FEMININA GRUPO A
O segundo equipo do Grupo Lemaco trecibe na mañá do sábado no Vila de Noia ao Bm Culleredo Canosa Abogacía, correspondente á 10ª xornada da competición.
As xogadoras de Carballo son as segundas clasificadas con 14 puntos, as cullerdenses son terceiras con 10 puntos e un partido menos. No partido da ida a vitoria foi clara para as nosas xogadoras, pero o equipo de Culleredo ven en progresión con 4 vitorias consecutivas e será un rival difícil. Se as rapazas do Grupo Lemaco son quen de manter a intensidade defensiva que as levou a recibir menos de 20 goles por partido terán grade parte do traballo feito.
HIERROS VARELA URBIETA XIRIA LIGA PRATA CADETE MASCULINA GRUPO A
O equipo do Hierros Varela Urbieta Xiria da Liga Prata ten un compromiso esta fin de semana, na mañá do sábado no VIla de Noia, contra o Óptica Arteixo, no partido da 10ª xornada.
Os nosos rapaces marchan primeiros con 9 vitorias e chegarán moi crecidos despois da dobre vitoria da última fin de semana de competición, fronte a Línea 21 e Culleredo. Os nímeros seguen dando ao Hierros Varela Urbieta como o equipo que menos goles recibe, 25 por partido, e marcando unha ,media de 37, sendo os resultados defensivos e otraballa do portería os que o manteñen no alto da clasificación.
O Arteixo chega na 7ª posición con so 3 vitorias e cun balance de goles marcados e recibidos moi negativo. Estes datos non deben dar lugar a relaxación, xa que no partido de ida o resultado foi moi igualado, 31-33, sendo os de Arteixo o equipo ao que máis traballo nos costou superar.
TUBASYS XIRIA LIGA OURO INFANTIL FEMININA
O noso primeiro equipo infantil feminino xogará o domingo pola mañá no CEIP Fogar contra o Lapamán Área de Servizo Bueu Atl Bm, no primeiro dos duelos da mañá do domingo entre ambos clubes.
Os dous equipos chegan moi desequilibradas na clasificación, Bueu 2ª con 16 puntos (8 vitorias e 1 derrota) e Xiria 8ª con 4 (2 vitorias). As nosas rapazas presentan un balance negativo no saldo ataque defensa, marcando 26 e recibindo 30 goles por encontro e as de Bueu teñen un balance ataque defensa moi positivo, sendo o equipo que máis goles marca.
No partido perdimos con claridade, 32-16, polo que o equipo terá que saír moi concentrado e con intensidade para poder competir.
MAQUISABA XIRIA LIGA PRATA INFANTIL FEMININA GRUPO A
O Maquisaba Xiria na mañá do sábado viaxa ao Novo Mesoitro na Coruña para disputar o partido correspondente á 10ª xornada da liga contra o Línea 21 Mi Barrio.
O partido acolle un duelo na parte alta da táboa clasificatoria, 3ª contra 2ª con ambos equipos empatados con 12 puntos. As nosas rapazas continúan a ser o equipo menos goleado, recibe so 16 goles por partido pero marca so 21 goles de media. As coruñesas son o segundo equipo que máis goles marca, cunha media cercana a 31 por partido recibindo unha media de 23.
Duelo igualado con dous estilos diferentes, ataque contra defensa que na primeira volta foi favorable ás rapzas de Carballo por 26-20.
GARAYSA XIRIA LIGA OURO INFANTIL MASCULINA
Os rapaces do primeiro equipo infantil reciben no CEIP Fogar o sábado pola mañá ao SAR Nosatun.
.
O duelo preséntase desequilibrado, cun Xiria 2º con 16 puntos, e SAR 9º con 3 puntos. Os visitantes presentan un balance ataque defensa desequilibrado na faceta ofensiva marcando so 27 goles por encontro. Os de Carballo presentan mellores cifras sobre todo no xogo ofensivo, o que mantendo a intensidade defensiva dos últimos partidos, lles debería levar á vitoria.
GARAYSA XIRIA LIGA PRATA INFANTIL MASCULINO GRUPO A
O equipo infantil Garaysa Xiria B reciben no CEIP Fogar o sábado pola mañá ao Línea 21 Fixman.
Os nosos rapaces chegan encabezando a clasificación con 9 vitorias e os visitantes cuartos con 6 vitorias e 3 derrotas. Xiria leva 317 goles marcados, 35 por partido e os rivais marcan 33 goles a favor por partido, pero que está a recibir moitos mais, 29 fronte a 20. A maior eficacia defensiva dos nosos rapaces debería ser decisivo para gañar os puntos en xogo.
GARAYSA XIRIA LIGA PRATA INFANTIL MASCULINO GRUPO B
O equipo infantil Garaysa Xiria C xoga tamén este sábado no CEIP Fogar nese caso contra o Bm Culleredo Climanosa.
Ambos equipos chegan necesitados de puntos na partemedia da táboa clasificatoria, os nosos rapaces 5º con 6 puntos, marcan 24 por partido e reciben unha media de 27 polo que teñen un balance negativo. Os cullerdenses máis eficaces en ataque e defensa, recibindo 26 goles por encontro pero marcando 34.
No partido de ida o resultado foi favorable a Culleredo por 42-27, polo que se presenta un partido difícil no que os nosos rapaces sairán a competir.
Compre lembrar que os partidos en Carballo poderán seguirse exclusivamente a través da canle de Youtube de Escolas de Balonmán Xiria, pois disputaranse sen público, medida adoptada polo club no marco da campaña Asi Non
LIGA ALEVÍN DE BM 7
Continúa a primeira fase da Liga Alevín de balonmán 7, disputándose esta fin de semana a penúltima xornada, con partidos en Abegondo e Santiago. Os puntos en xogo son decisivos, no grupo B, Abegondo contra Hotel Pensua Punta del Este, son 1º contra 2º; Asesoría Cervantes é 3º no seu grupo é na próxima xornada xogará contra Abegondo; e no grupo C o Clínica Veterinaria Gran Via marcha tamén 2º.
LIGA BENXAMÍN E ALEVÍN DE BM 5
O Insplaber Xiria participará na sétima xornada de concentración de este sábado en Arteixo.
Esta fin de semana so hai xornada de concentración no grupo C e os equipos de Xiria xogan entre eles na tarde do venres no CEIP Fogar e o Herfraga Xiria xogará na concentración do Liceo La Paz contra un dos equipos locais.








