Previa da xornada 13-14 abril

CALVO XIRIA. 1ª NACIONAL MASCULINA

O Calvo Xiria viaxa a Vigo na tarde do sábado para verse co Bm. Reconquista de Vigo,na 27ª xornada da liga regular.

A falta de catro xornadas para o remate da liga, o partido preséntase como unha oportunidade de traballar de cara o futuro. Ambos equipos teñen lonxe os postos de ascenso e xa non pasarán apuros para manter a categoría. 

O Reconquista chega 5º con 33 puntos e Xiria 7º con 26. Ambos equipos veñen dunha mala racha, os vigueses con 4 derrotas nos últimos 5 partidos e os carballeses con 3 derrotas, un empate e unha vitoria, e con mellores sensacións que resultados. Reconquista é o equipo menos goleado da categoría, con menos de 26 goles por partido. Ofensivamente non está entre os mellores e marca unha media de 29 goles, apoiado nos primeiras liñas Agustín Franco (131 goles) e Javier Fraijeiro (101 goles; e os extremos Anxo Fontán (98 goles) e Cristian Remeseiro (90).

O Xiria manténse moi alto na táboa de anotación, con 31 goles de media por partido da man de Hugo Rodríguez “Chimpo” e Mario Cancela, con 214 e 170 goles respectivamente. Tamén recibe unha media de 31 goles, o 5º equipo mais goleado da competición. No partido de ida a vitoria foi para os de Vigo por 33-36, polo que ainda que se presenta un interesante duelo de defensa e ataque, os locais parten como favoritos.

 

SENIOR MASCULINO 2ª AUTONOMICA

Os rapaces do sénior B recibe na mañá do domingo no Vila de Noia ao Pavimentos Rías Baixas Bueu Atl. Bm, na 23ª xornada da liga.

O Bueu é un dos gallitos da competición, 4º con 32 puntos e loitando por entrar na Final a 4, e o Xiria con 19 puntos, na 7ª posición da táboa clasificatoria. Son o equipo que mais goles marca, con prácticamente 35 de media, e son o 4ª equipo que mais goles recibe con algo mais de 30 por partido. Na parcela anotadora destacan Carlos Martínez (100), David Fernández-Couto (97), Martiño Castro (75) e Borja Fernández-Couto (71).

Os carballeses reciben unha media de algo menos de 30 goles por partido e marcan 28 goles de media por partido. O resultado no partido de ida foi de 41-27 para os pontevedreses, o feito que grande parte dos xogadores xuvenís que compoñen o equipo non estarán dispoñibles e os datos que acabamos de expoñer fan que sexa un partido moi difícil para o noso filial masculino.

 

MONTAXES CARBALLO XIRIA. FINAL A 4 XUVENIL MASCULINA

O noso equipo xuvenil competirá esta fin de semana en Lalín, na Final a 4, na que está en xogo unha praza para o sector do Campionato de España. O noso equipo entrou nesta Final a 4 despois de rematar 3º na liga regular.

A final está prevista no Lalín Arena na tarde do domingo ás 18.30 e a loita polo 3º e 4º posto na mañá do domingo ás 12.30.

O primeiro rival do Montaxes Carballo é o Bm. Abegondo-Atlántico Noroplaza, campión de 2ª división, despois de quedar 1º no seu grupo con 18 vitorias en 18 partidos, de gañar ao 1º do grupo B e de vencer ao 5º da Liga Ouro na eliminatoria pola Final a 4 contra Reconquista, acumulando 21 vitorias consecutivas. É un equipo de nivel de Liga Ouro que tivo difíciles rivais no Play Off.

 

SEGUROS SUEIRO XIRIA. XUVENIL FEMININO COPA FEDERACIÓN

Finalizada a competición na Liga Ouro na 5ª posición, con 19 puntos, con 8 vitorias, 3 empates e 7 derrotas, nunha temporada chea de visicitudes, o equipo xogouse o acceso a Final a 4 a xornada pasada co Rasoeiro en O Grove, onde finalmente perdeu.

Nesta fin de semana viaxan a Porriño, para xogar a 1ª xornada da Copa Federación, onde están no grupo 2, xunto co Porriño, As Choqueiras de Redondela e o Coreti Lalín.

 

 

GRUPO LEMACO XIRIA A. LIGA PRATA CADETE FEMININO 2ª FASE (1º A 3º)

O Grupo Lemaco Xiria A comeza a competición nesta segunda fase da Liga Prata, na que xoga polo título e polo acceso á Final a 4 da Liga Ouro. eEsta 2ª fase competirá cas campeonas dos grupos A e C, Juntura Bm. Moaña e Bm. Porriño, nun triangular a unha volta.

Na 1ª xornada Moaña perdiu con Porriño 29-38. Nesta 2ª xornada as rapazas do Grupo Lemaco viaxan a Porriño para xogar unha final de facto, pois a vitoria das locais daríalles o título. Coa vitoria das de Carballo todo quedaría pendente da 3ª xornada, a disputar en Carballo entre Xiria e Moaña.

Xiria e Porriño xa se viron as caras esta temporada en Cangas, no Play Off da Liga Ouro, no que ambos equipos non se clasificaron e quedaron na Liga Prata. Nesa ocasión as nosas rapazas perderon de 3, 20-17. Toca darlle a volta aos resultados.

 

GRUPO LEMACO XIRIA B. LIGA PRATA CADETE FEMININO 2ª FASE (13º A 15º)

O Grupo Lemaco Xiria B viaxa o domingo a Vigo para xogar co Aluz Energía Galicia Social a 2ª xornada de esta fase para as nosas rapazas. Na 1ª xornada as de Carballo gañaron ao Javucho Publicidade Bm. Caselas polo que se obtén a vitoria finalizará a competición na 13ª posición. A derrota obrigaría a agardar o resultado da 3ª xornada entre Galicia Social e Bm. Caselas. 

As de Vigo, remataron 5ª a primeira fase, cunha media de 22 goles por partido e recibindo 23, rematando cun saldo negativo de 11 goles. As nosas rapazas remataron a primeira fase cun saldo positivo de 107 goles, resultado logrado polo bo traballo defensivo que as levou a encaixar algo menos de 19 goles de media por encontro. Na faceta goleadora, as nosas marcaron unha media de 25 goles por partido. 

Os datos amosan un duelo favorable as nosas rapzas segundo os datos, pero con factor cancha a favor das locais. Para traer os puntos para Carballo deberán ter especial atención a súa goleadora Claudia Pintos, que con 110 goles, foi a 4ª máis anotadora do seu grupo e que mete o 35 % dos goles do seu equipo.

 

NORDATA XIRIA. LIGA OURO INFANTIL FEMININA

O Nordata Xiria recibe na tarde do domingo no CEIP Fogar, ao Pinturas Proa Bm. Chapela, na xornada final da Liga Ouro. As locais parten na 5ª posición e as Redondelanas 2ª con 30 puntos a 1 punto das líderes Atl. Guardes, polo que na pista do Fogar estará en xogo o título. 

 

GARAYSA XIRIA. LIGA OURO INFANTIL MASCULINO

O Garaysa Xiria A abre a xornada viaxando este sábado a Lalín, na núltima xornada da competición. No partido de ida os nosos perderon 25-32 e os datos presentan un partido favorable para os do Deza, que xa teñen praza no sector estatal.

Difícil rival para os nosos rapaces que tratarán de competir como soen facelo, con mobilidade en ataque e agresividade no roubo de balóns, e que sempre se crecen ante os rivais mais fortes.

 

 

GARAYSA XIRIA. LIGA PRATA INFANTIL MASCULINO 2ª FASE GRUPO POLO TÍTULO

O Garaysa Xiria B viaxa este domingo a Arteixo na última xornada, na que pode acadar o 4º posto final na clasificación da Liga Prata. O Garaysa Xiria perdeu nas primeiras xornadas e o Bm. Arteixo é 2º con 2 vitorias. 

 

 

GARAYSA XIRIA. LIGA PRATA INFANTIL MASCULINO 2ª FASE (26º A 30º)

O Garaysa Xiria C recibe ao Colegio Lieco La Paz, no Vila de Noia o sábado pola mañá. Trátase tamén da última xornada de esta 2ª fase, á que os nosos rapaces chgan con 1 vitoria e 2 derrotas e os coruñeses con 3 derrotas. Coa vitoria os nosos rapaces poden escalar unha posición na clasificación final se Tui non é quen de gañar en Ourense.

 

 LIGAS ALEVÍNS, BENXAMÍNS E PREBENXAMÍNS

Os equipos das mais pequenas e pequenos teñen unha intensa xornada esta fin de semana. As cores do Xiria alevín de balonmán 7 lucirán en Carballo o sábado e o domingo no CEIP Fogar e no Vila de Noia. As xornadas concentradas de minibalonmán alevín e benxamín serán en Novo Mesoiro e no propio CEIP Fogar. Este domingo os mais pequenos, os prebenxamín xogarán en Abegondo.