Previa da xornada

CALVO XIRIA. 1ª DIVISIÓN MASCULINA GRUPO A

O noso equipo sénior masculino viaxa á Comarca do Deza para enfrontarse ao equipo local,un  clásico do grupo galego de Primeira Nacional, o Disiclín Balonmán Lalín, na 25ª xornada da competición.

Catro puntos e catro postos na clasificación separan a ambos equipos. Os lalinenses son 10º con 22 puntos e o Calvo Xiria 6º con 26, e no partido de ida carballeses gañaron de 1. Igualdade a priori, ainda que ambos equipos levan unha traxectoria moi dispar, nos últimos 5 partidos Lalín so gañou 1 e elva 3 derrotas consecutivas (fronte a Teucro, Luceros e Cañiza) e o Xiria gañou 2, empatou 2 e perdiu 1.

Os datos remarcan as diferencias entre ambos equipos, o Xiria segue a ser o 3º equipo que mais goles marca con 32 goles de media por partido contra 28 dos de Lalín. No relativo aos goles recibidos, os carballeses encaixan 31 por encontro, e os locais son mais eficaces defensivamente e so encaixan 28 por encontro.

No Lalín a responsabilidade anotadora recae no seu pivote  Batán, con 114, no estremo Ramón Gil con 101 e no seu central Román Pedreira con 94. Se ambos equipos se manteñen nos seus números e a súa traxectoria, o resultado será totalmente incerto cun lixeiro favoritismo para os locales, polo feito de xogar na casa.

 

CALVO XIRIA. 1ª AUTONÓMICA FEMININA

O Calvo Xiria recibe na mañá do domingo no Vila de Noia ao Bm. Samertolameu de Moaña, equipo con grande potencial, 3º clasificado da pasada temporada, e 6º clasificado na actual campaña con 16 puntos, tras 8 vitorias e 8 derrotas. Deportivamente o Calvo Xiria acode na 4ª posición, con 20 puntos con 9 vitorias, 2 emaptes e 5 derrotas. 

Esta será a 17 xornada da liga e a falta de un partido mais fronte a Reconquista en Vigo, matemáticamente xa campionas, polo que este enfrontamento coas de Moaña se presenta crucial para defender o posto na loita pola presencia do equipo na Final a 4. Hai dous postos en xogo polo que pelexan 3 equipos, os dous implicados no partido de hoxe e o Carballal, tamén con 20 puntos e cun calendario a priori mais favorable (Chapela e Pabellón Ourense colistas).

O Bm. Samertolomeu presentarase coas ás súas principais artilleiras Marta Chavert (90 goles), Tara Zafanes (43 goles), Sara Acuña (46 goles) e Laura Chavert (46).  As de Moaña son un equipo que non encaixa moito, 24 de media, e anota 27 goles de media. Pola contra o Calvo Xiira marca tamén aproximadamente 27 goles por partido e encaixa moi poucos, 20 de media, as 2ª que menos goles reciben da liga. 

En todos os partidos, menos 1, nos que o Calvo Xiria marcou 25 goles ou mais sacou algo positivo no partido, e ese será o obxectivo do noso equipo esta fin de semana, marcar 25 goles ou mais e manter a portería ben protexida na media de toda a temporada.

 

SÉNIOR B 2ª AUTONÓMICA

Os rapaces do sénior B reciben ao C. B. Miño de Ourense, na 21ª xornada da competición. O partiro será o domingo na primeira franxa horaria da mañá no Vila de Noia.  Os ourensáns parten con 17 puntos, na 8ª posición e o Xiria cos mesmos puntos, na 7ª posición da táboa clasificatoria. 

Os de Ourense marcan mais goles pero tamén reciben mais, 30 a favor e 32 en contra para un saldo negativo de 37 goles, fronte aso 28 goles de media que marcan os nosos rapaces e os 30 que reciben, para un saldo goleador negativo de 32 goles. No partido de ida o triunfo foi para os nosos por 26 a 31.

No  traballo goleador destacan José Rodriguez e Alejandro Ruiz con 136 e 135 goles respectivamente. Contra eles se medirá Angel Viña, 2º máximo anotador do torneo con 180 goles. O traballo dos centrais defensivos foi fundamental para a vitoria en Ourense na primeira volta e de novo o traballo defensivo será clave para poder saír en velocidade, o que tamén lle fixo moito dano aos ourensán.

 

MONTAXES CARBALLO XIRIA. LIGA OURO XUVENIL MASCULINA

O sábado no Vila de Noia o Montaxes Carballo Xiria despide a Liga Ouro nun partido de grande nivel fronte ao líder Cisne Colegio Los Sauces. Ambos equipos acoden cos obxectivos cumpridos, o Cisne campión e o Xiria clasificado para a Final a 4. 

O Cisne acode con 16 vitorias e 1 soa derrota, so o Xiria foi quen de gañar ao potente equipo pontevedrés. Son o equipo 2º equipo que mais goles mete (31 por partido) e o menos goleado (23 de media), sendo precisamente o seu traballo defensivo o que o fai mais competitivo. Os de Carballo son 3º con 11 vitorias 1 empate e 5 derrotas, cun punto mais que o Carballal co que se disputa esa 3ª praza pero xa ambos clasificados para a Final a 4 e evitando a previa. 

 

SEGUROS SUEIRO XIRIA. LIGA OURO XUVENIL FEMININA

O pavillón do CEIP Fogar acollerá o último partido do Seguros Sueiro Xiria na Liga Ouro de esta temporada, no que se recibirá ao Pastoriza Soldadura As Chonqueiras de Redondela, que chegan 8ª con 7 puntos polos 17 puntos que teñen as de Carballo.

Coa 5ª praza asegurada, as xogadora do Xiria sairán á pista a traballar e tratar de mellorar sensacións de cara ao enfrontamento coas campionas da Liga Prata, Instalaciones Parcero Bm Cangas, na eliminatoria previa a Final a 4, ao que acudirán coa intención sobrepoñerse as numerosas baixas do equipo e a tratar de facer un papel digno do seu esforzo.

 

HIERROS VARELA URBIETA XIRIA. LIGA OURO CADETE MASCULINA

O Hierros Varela Urbieta Xiria recibe este sábado no Vila de Noia ao Bm Cisne Colegio Los Sauces, noutro partido de grande nivel, no que se enfrontan o 4º clasificado e o 2º.

Duelo de cañoneiros entre dous equipos con grande capacidade ofensiva, o Xiria leva 580 goles marcados e o Cisne 583. Neste traballo destacan os carballeses Nico Cancela (114), Andrés Pombo (106) e Marcos Varela (92); e polos pontevedreses Xoel Lago (106), Adrián Lago (90) e Matías Gestido (86).

No traballo defensivo os pontevedreses semellan máis eficaces, pois encaixan so 28 goles por partido fronte aos 35 que reciben os nosos rapaces. No partido de ida a vitoria foi para o Cisne por 41 a 34. Os datos dan o favoritismo aos pontevedreses, pero estes rapaces están a medrar física e tácticamente e elvan 5 vitorias seguidas, polo que non será un partido fácil para os visitantes.

 

GRUPO LEMACO XIRIA. LIGA PRATA CADETE FEMININA. GRUPO A

O equipo do Grupo Lemaco finaliza a competición na Liga Prata viaxando a Pontevedra para o seu partido contra SD Teucro Bonpollo, 2ª clasificadas do grupo. As rapazas do Xiria terán en fronte a un difícil rival, que se xoga o título nesta xornada, xa que están empatadas a puntos coas primeiras clasificadas.

Pase o que pase no partido as carballesas conservarán a 6ª praza e dependendo dos resultados, poden escalar ata a 5ª. A empresa é difícil polos xa exposto, Teucro e Moaña se xogan o primeiro posto nesta última xornada.

No partido de ida a vitoria foi para as pontevedresas por 25 a 27, polo que a distancia entre ambos equipos poder deixar espazo para a sorpresa. Os datos avalan esa posiblidade, xa que as nosas rapazas son as memos goleadas do grupo, recibindo so 276 goles polos 333 que recibiron as pontevedresas, que obteñen vantaxe nos goles marcados, onde son as 3ª mais goleadoras. 

 

NORDATA XIRIA. LIGA OURO INFANTIL FEMININO

O Nordata Xiria acolle na tarde do domingo, no pavillón do CEIP Fogar, o partido da 16ª xornada da Liga Ouro, fronte ao Durán Barcia Bm Cañiza. Ambos equipos están na parte media-baixa da taboa, separados por 2 puntos. As do Xiria son 6ª con 11 puntos e as da Cañiza son 8ª con 9 puntos.

A igualdade da táboa clasificatoria tamén aparece nos datos de ambos equipos. Así as de Carballo marcan unha media de 23 goles por partido e recibe 24. As da Paradanta marcan 20 e reciben unha media de 23. No partido de ida o resultado foi de 26 a 24, polo que todos os datos apuntan a un partido igualado. 

As rapazas do Xiria deberán pelexar polos puntos para tratar de acadar a 5ª praza que lle de acceso a Final a 4  na recta final da competición.

 

GARAYSA XIRIA. LIGA OURO INFANTIL MASCULINO

O Garaysa Xiria acolle na mañá do sábado, no pavillón do CEIP Fogar, o partido da 16ª xornada da Liga Ouro, fronte ao Bm Línea 21 Transgalo. Ambos equipos están na parte media da taboa, separados por 5 puntos. Os rapaces do Xiria son 6º con 14 puntos e os da Coruña son 4º con 19 puntos.

A desigualdade da táboa clasificatoria tamén aparece nos datos de ambos equipos. Así os de Carballo marcan unha media de 33 goles por partido e recibe 35. Os do Mesoiro marcan 34 e reciben unha media de 32. No partido de ida o resultado foi de 39 a 34.

Os rapaces do Xiria deberán pelexar polos puntos para tratar de acadar a 5ª praza que lle de acceso a Final a 4  na recta final da competición. Difícil tarefa, xa que os partidos pendentes son contra os dous primeiros da clasificación. 

 

TUBASYS XIRIA. LIGA PRATA INFANTIL FEMININO

O equipo de Tubasys finaliza a competición na Liga Prata viaxando a Pontevedra para o seu partido contra Cisne Omma Arquitectura, coa 6ª praza en xogo en paralelo na pista de Moaña.

Xiria e Moaña disputan a 6ª praza empatadas a 14 puntos, Xiria contra Cisne (5ª clasificadas e sen necesidade de sumar) e Moaña contra Cangas (4ª e con posibilidades de acadar a 3ª posición).

No partido de ida as de Carballo perderon 21 a 24, polo que se prevé unha empresa difícil, pero as nosas rapazas teñen un saldo goleador superior as pontevedresas e poden dar a sorpresa.

 

GARAYSA XIRIA. LIGA PRATA – SEGUNDA FASE – GRUPO 6 (26º AO 30º)

O Garaysa Xiria C recibe na mañá do domingo no CEIP Fogar ao CB Miño, no seu segundo partido da 2ª fase da Liga Prata. Para os de Ourense será o seu 3ª partido e chegan cunha vitoria. OS de Carballo buscarán o seu 1º triunfo nesta fase.

 

LIGA ALEVÍN BM 7

O Maquisaba Xiria viaxa a Coruña para enfrontarse ao Liceo La Paz e tratar de sacar proveito do enforntamento Culleredo – Abegondo, e acercarse aos primeiros postos.

Na Liga Prata o Punta del Este XIria e o Clinica Veterinaria Gran Vía Xiria disputan entre eles os postos da parte alta da táboa.

O Augas do Paraño Xiria recibe no Fogar ao Bm Abegondo para tratar de gañar e escalar posicións na clasificación.