Previa da xornada 27-28 novembro

1ª Estatal 

Volve o Calvo Xiria ao Vila de Noia. Farao contra Granitos Ibéricos  Carballal, cando se cumprirá o primeiro terzo da tempada regular.  Enfróntanse dous dos equipos con menor media de idade da  categoría. O Calvo Xiria tratará de frear as rápidas transicións  visitantes. Os cambios organizados e a presión para facer un bo  balance defensivo. Mentras no ataque posicional; mellorar a  efectividade no lanzamento; seleccionando mellor o momento e as  situacións de xogo.  

O equipo quere que a afección forme parte do obxectivo e espera  unha benvida calorosa o sábado ás 20:00.  

1ª Autonómica Feminina  

Remata a primeira volta desta fase para o Calvo Xiria; que xogará o sábado no  Vila de Noia ás 17:45 diante o Coreti Lalín. A igualdade na parte alta  da táboa; para lograr a clasificación á seguinte fase; fai que cada  punto en xogo sexa importante. Partido de esixencia para as de Manu  López, que teñen que facer da súa defensa 6:0 un fortín difícil de  superar. O equipo está concentrado en mellorar e crecer cada día. 

Categorías Base; Liga Ouro  

O Laber Xiria A e Bm Culleredo Despreocupate.es xogarán o sábado  ás 12:00 o derbi provincial; onde o Laber que creceu a nivel  competitivo neste inicio; quere lograr un bo resultado que o leve á  parte alta. Hierros Varela Urbieta Xiria viaxa a Pontevedra onde o  domingo ás 10:45, medirase ao Sd Teucro Clínica Veterisaúde. Dous  puntos en xogo para manter a cuarta praza.  

O Punta del Este Xiria A, xoga en Vigo o sábado ás 12:00 contra o  Ub Lavadores. Os dous equipos queren lograr os primeiros puntos da  tempada.  

Garaysa Xiria e Grupo Lemaco Xiria A, viaxan o sábado a Cangas,  para xogar no mítico pavillón do Gatañal. O primeiro xogará ás 10:30  contra o Bruno The Rock Barbers Bm Cangas e o segundo farao ás  12:00 contra Pizzería Baratto Luceros. 

Categorías Base; Liga Prata  

O sábado ás 17:00 no Ceip Fogar o Laber Xiria B enfróntase ao Reca Hollywood Seis Do Nadal. O Grupo Lemaco Xiria B, xoga ás 16:00 no  pavillón Victor Vigo, contra Bm Camariñas. E o Punta del Este Xiria B desprázase o sábado a Ourense para xogar ás 17:00 contra Balonman Pabellón. O rendemento que están a lograr estes 3 equipos en liga  prata é máis que notable.  

Categorías Base; Alevíns e benxamíns  

En alevín 7, Reneymar Xiria e Garaysa Xiria, xogarán contra dous  dos equipos de Bm Culleredo en Tarrío. Mentres o Laber Xiria farao o  domingo no Ceip Fogar á 13:00 contra o Colegio Liceo La Paz.  

O balonmán 5 esta semana concéntrase en Carballo; o domingo no  Ceip Fogar pola mañá. Xogarán as alevíns de Reneymar Xiria e Insplaber Xiria e en categoría benxamín mixto Maquisaba A, Maquisaba B, Telepizza e Óptica Auris Xiria.

Que non cho conten!!! Ven ao balonmán!!!